Nematodo do piñeiro

Bos días,o pasado 14.02.2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias pola que se declara unha zona demarcada polo nematodo do piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus) que afecta ós seguintes concellos da provincia de Ourense:

A Arnoia, Avión, Bande, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, O Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Cenlle, Cortegada, Entrimo, Gomesende, Leiro, Lobeira, Lobios, Melón, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, San Amaro, Toén e Verea.

Xúntase un mapa onde se pode ver a zona afectada de maneira máis concreta.

Para dar información ós propietarios de montes e ó público en xeral programamos as seguintes charlas informativas en catro dos concellos afectados, ás que poderán asistir todas as persoas interesadas. Solicitamos a máxima difusión entre os montes veciñais en man común e o público en xeral.

 

CHARLAS

MAPA DA ZONA AFECTADA

RESOLUCIÓN

Compartir

Check Also

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARTICULARES PARA O CONTRATO DE ALUGUER PARA A EXPLOTACIÓN DOS LOCAIS QUE FORMAN PARTE DO PROXECTO DE VILAS VIVAS

OBXECTO DO CONTRATO 1 – É obxecto do presente contrato o aluguer dos diferentes locais …

Idioma / Language »