O vindeiro domingo día 29 de maio de 2016, a Praza Maior de Ribadavia, en horario de 11.00 a 13.00 h, acollerá unha MasterClass Solidaria na que se poderá practicar zumba, aeróbic latino e tonificación.
A actividade está organizada pola Cruz Vermella do Ribeiro en colaboración co Concello de Ribadavia (a través do Servizo Municipal de Deportes) e do ximnasio Vilafit.
As inscricións poderanse levar a cabo dende o día 16 de maio, nas dependencias da Cruz Vermella, ou o propio día da actividade dende as 10.00 h na Praza Maior. Terá un coste de 5€ e levará consigo un boleto do Sorteo de Ouro.
Compartir