LIÑA DE AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE ALOXAMENTO E DE RESTAURACIÓN. CONVOCATORIA 2022. (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TU503A)

Subvencións da Axencia de Turismo de Galicia para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia, e se establece a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU503A).

Persoas beneficiarias:

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Tipos de axudas:

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia (TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

2. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2022.

Considerarase investimentos subvencionables:

1.Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

2.Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.

3.Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

4.Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.

5.Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.

6.Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.

Contía da axuda:

O investimento neto admitido será de ata 100.000€. Os proxectos que se consideren como accións subvencionables de acordo cos criterios de valoración poderán acadar unha subvención de ata o 50% sobre o orzamento do investimento (50.000 € máximo).

Forma e prazo de presentación das solicitudes:

1. O prazo de presentación de solicitudes de axuda desta convocatoria rematará o 7 de marzo de 2022.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Pode consultar as bases íntegras da convocatoria na seguinte ligazón premendo aquí.

Compartir

Check Also

BASES CONCILIACIÓN NA PASCUA 2023 NO CONCELLO DE RIBADAVIA

  CONCILIACIÓN NA PASCUA 2023   Obxeto: O Concello de Ribadavia co obxeto de facilitar …