PROGRAMACIÓN LETRAS GALEGAS 2021.
VENRES 14 de maio.
A partir das 12 horas, na Alameda, a Exposición realizada polo Concello de Ribadavia arredor da obra de Xela Arias.
Ata o día 21 de maio, a partir deste día poderá visitarse na Madalena e Praza buxan ata fin de mes.
Ás 16 horas os artistas Andrea Otero e Juliño Catalán comezarán co seu mural sobre as Letras Galegas.
En rúa Carlos Casares 5 (entrada Galiña Azul).
SÁBADO 15 de maio
Ás 12 HORAS. ENCONTRO DE ESCRITORAS. Coas escritoras Estíbaliz Espinosa, Malores Villanueva e Oriana Méndez, reflexionar sobre a figura de Xela Arias, da poesía e da literatura en galego realizada por escritoras.
No salón de plenos, con aforo limitado e retransmisión en directo a través da web do concello.
Ás 19 horas. ESPECTÁCULO DE MAXIA INFANTIL a cargo de Mago Albert e Mago Deimi.
Na Madalena. Sen necesidade de inscrición previa e ata completar o aforo dispoñible para a actividade.
DOMINGO 16 de maio
Percorrido ao longo do día polas rúas do Concello de Ribadavia, con NORDÉS. GAITEIROS DE GALIZA.
Ás 12 horas. presentación do Libro UNHA VIAXE ENTRE SOÑOS, de Eladio Rodríguez. Con artistas convidados e recital de poesía.
Na Casa da Cultura.
ÁS 18horas: MERCEDES QUERE SER BOMBEIRA. Obra de teatro infantil realizada por Anaquiños de Francelos.
En Francelos. NA FONTIÑA MARIÑA.
LUNS 17 de maio.
Percorrido ao longo do día polas rúas do Concello de Ribadavia, con NORDÉS. GAITEIROS DE GALIZA.
Ás 12 horas. LECTURA DA OBRA DE XELA ARIAS. Por distintos colectivos de Ribadavia.
Na Praza Maior. En caso de choiva realizarase no salón de plenos do Concello.
Ás 18 horas. SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO, con Corolina Atuesta.
Na Madalena. Sen necesidade de inscrición previa.
Ás 19:30 horas.Obra de tatro Runnin, na Casa da Cultura. Inscrición previa ata completar aforo permitido.
Do 17 ao 23 de maio: SEMANA DO LIBRO EN GALEGO. Desconto do 20% nas librarías de Ribadavia.
Do 10 ao 20 de maio. Mostra bibliográfica de Xela Arias na Biblioteca Municipal.