
Aínda que polo momento podemos seguir publicando, estamos tratando de recuperar o control total da páxina. Agora mesmo, non podemos polo momento cambiar o nome da páxina (agora Play Ireland) polo do Concello de Ribadavia.
Estamos en contacto xa coas autoridades pertinentes (Guardia Civil, Policía Nacional, Instituto Nacional de Ciberseguridad – INCIBE e o Centro Criptolóxico Nacional – CCN) para buscar unha solución a isto e seguir os pasos que eles nos indiquen. Mentres tanto intentaremos seguir informando por Facebook e Instagram. No caso de perder o control por completo da páxina de Facebook, informaremos vía Instagram tamén.
Grazas e desculpade as molestias.
Compartir
Concello de Ribadavia Concello de Ribadavia