INFORMACIÓN MUNICIPAL: O CONCELLO ACOLLERÁ REFUXIADOS DA GUERRA EN UCRAÍNA

 

O Concello de Ribadavia, en coordinación directa coa FEGAMP e a Subdelegación do Goberno en Ourense, está traballando na acollida de refuxiados procedentes da guerra de Ucraína. A FEGAMP é a institución que coordina e centraliza todas as accións de solidariedade internacional dos Concellos galegos, mentres que a Subdelegación axilizará todos os trámites de asilo político a estas persoas refuxiadas.

As necesidades máis importantes que nos transmiten neste momento tanto a FEGAMP como asociacións de solidariedade é a vivenda e posibilidade de acollida.

O Concello de Ribadavia comprométese a dispoñer de domicilios para acoller no noso municipio, tarefa na que leva tempo traballando en contacto coa FEGAMP e a Subdelegación. Neste sentido, tamén fai un chamamento a toda a sociedade de Ribadavia e do Ribeiro a que colaboren nesta tarefa de atopar vivendas dispoñibles para acoller persoas refuxiadas.

Toda familia ou persoa disposta a ofrecer vivenda poden dirixirse ao Departamento de Dereitos Sociais do Concello de Ribadavia, ou ben cubrir o seguinte formulario e presentalo no rexistro do Concello de Ribadavia.

Así mesmo, compartimos o último Comunicado da FEGAMP sobre a crise humanitaria de Ucraína:

Comunicado conxunto da Fegamp, Xunta de Galicia, Coordinadora Galega de ONGD, Farmacéuticos Mundi, Médicos del Mundo, UNICEF, Cruz Vermella, EDUCO, Entreculturas, ACNUR, Axuda en Acción, Movimiento por la Paz y el Desarme y la Libertad e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, coas recomendacións para axudar á poboación Ucraína de forma eficaz: https://fegamp.gal/sites/default/files/artigos/descargas/comunicadoconxuntocrisehumanitariaucraina.pdf

Tamén informamos que no BOE de hoxe publican a orde que desenvolve o procedemento para o recoñecemento da protección temporal a persoas afectadas polo conflito en Ucraína: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-3715

Dispoñen de máis información na seguinte ligazón do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións: https://www.inclusion.gob.es/es/ucrania/index.htm

 

Compartir

Check Also

Actividades do 8M en Ribadavia

    Actividades polo Día Internacional da Muller en Ribadavia. Compartir