O Terceiro Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas por motivos da COVID-19 está composto polos tres programas seguintes:
Programa I – de apoio ás persoas traballadoras autónomas en réxime de estimación obxectiva – TR600A
O programa I ten por obxecto a concesión de novas axudas económicas ás persoas traballadoras autónomas en réxime de estimación obxectiva no Imposto da renda das persoas físicas, para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.
Prema aquí para ver o cadro resumo.
Programa II – de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros – TR600B
O programa II ten por obxecto abordar a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas con dez ou menos persoas traballadoras por conta allea ou empresas ata vinte e cinco persoas traballadoras por conta allea que tiveran no exercicio 2020 un volume de facturación de ata dous millóns de euros para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.
Prema aquí para ver o cadro resumo.
Programa III – de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras – TR600C
O III programa de apoio ten como obxecto achegar unha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas con máis de dez persoas traballadoras por conta allea e cun volume de facturación de más de dos millóns de euros no exercicio 2020, ou empresas con máis de vinte e cinco persoas traballadoras por conta allea para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.
Prema aquí para ver o cadro resumo.
PRAZO DE SOLICITUDES: ATA O 14 DE XULLO DE 2021.
Pode consultar a orde e as bases íntegras premendo aquí.