Tras a publicación da Resolución da DXXPV do 27 de xuño de 2019, no DOG núm. 134 do día 16 de xullo, onde o Concello de Ribadavia, figura como beneficiario do Programa de Mobilidade de Galeuropa con 12 mobilidades aprobadas, establecese o prazo de solicitude e inscrición ao Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2019, cofinanciado pola Consellería de Política Social, pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
- Requisitos:
Estar inscritos/as e figurar como beneficiarios/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. o día no se presente a solicitude
Non ter participado en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.
- Lugar e forma de presentación de solicitudes:
A través do email galeuroparibadavia@gmail.com
- Prazo de presentación de solicitudes:
30 de Agosto ao 3 de Setembro
Número de mobilidades por países de destino:
– Faenza e Vinci en Italia(2)
– Lisboa en Portugal (2)
– Sofia en Bulgaria (1)
Duración das mobilidades: 2 meses e medio .
Mail de contacto: galeuroparibadavia@gmail.com
Teléfonos de contacto : 988471929 en horario de 10:00 a 13:30
Máis información: omix.ribadavia@gmail.com
“Fondo Social Europeo
Iniciativa de Emprego Xuvenil
PO FSE Galicia 2014-2020 “Inviste no teu futuro”