ESTREA DO ESPECTÁCULO “MISACLOWN” EN RIBADAVIA

ESTREA!!
4 de Novembro 2023 21:00 h.Casa da CulturaRibadavia (Ourense), entrada de balde.
Estimados amigos e amigas do teatro, a arte e a risa,
É unha honra para Escola Galega de Clowns presentarlles o seu primeiro espectáculo, “Misaclown”, unha creación soñada xa hai moitos anos, única e chea de humor, interpretada por Jouse García e dirixida por Claudia Cantone.
“Misaclown” é o froito da paixón e dedicación da Escola Galega de Clowns, que durante ano e medio estivo compartindo coñecementos e experiencias cos mellores profesores.
Este espectáculo é moito máis que unha simple representación teatral. “Misaclown” é unha viaxe máxica que combina o humor, a emoción e a reflexión. A través da comedia, exploran aspectos profundos da vida humana e a condición social.
É un recordatorio de que o clown é unha ponte entre a risa e a reflexión, entre a alegría e o entendemento.
Gustaríalles estender unha cálida invitación a todos vostedes para unirse a nós nesta travesía.
Esperando que “Misaclown” lles faga rir, reflexionar e, sobre todo, deixarlles cunha sensación de alegría e asombro que só a arte do clown pode ofrecer.
Esperamos contar coa súa presenza e apoio nesta nova etapa da Escola Galega de Clowns. Grazas por ser parte desta aventura artística!
Compartir

Check Also

Nematodo do piñeiro

Bos días,o pasado 14.02.2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución da Dirección Xeral …