ENTROIDO 2024 – BASES PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE DISFRACES. MARTES 13 DE FEBREIRO.

BASES DE PARTICIPACIÓN PARA O CONCURSO DE DISFRACES

1. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

A. Poderá participar no Concurso de Disfraces do Entroido 2024, calquera persoa, ou grupo de persoas, que cumpran cos seguintes requisitos:

  • MODALIDADE INDIVIDUAL INFANTIL: Nenos e nenas de ata 12 anos disfrazados.

  • MODALIDADE INDIVIDUAL MAIORES: persoas a partir de 13 anos disfrazados.

  • MODALIDADE GRUPAL: Número de integrantes formado por tres ou máis persoas, todas elas mantenendo un mesmo tipo argumental.

B. A inscrición realizarase no momento, acudindo a festa e anotándose para concursar (facilitando os seus datos e a modalidade na que se apunta). Tamén é posible anotarse con antelación, no correo cultura@ribadavia.es.

C. O xurado estará composto por representantes de diferentes colectivos e sectores do concello de Ribadavia.

D. As persoas participantes acatarán as indicacións da organización para poder optar ao premio do concurso.

E. A participación supón a aceptación das bases e da decisión que tome o xurado.

F. O Concello de Ribadavia poderá modificar ou cancelar o concurso se as circunstancias así o requiren.

2. CRITERIOS DE VALORACIÓN:

A. MODALIDADE INDIVIDUAL INFANTIL:

  • Valorarase de 0 a 5 puntos a creatividade do disfraz.

  • Valorarase de 0 a 5 puntos a dificultade do disfraz.

B. MODALIDADE INDIVIDUAL MAIORES:

  • Valorarase de 0 a 5 puntos a creatividade do disfraz.

  • Valorarase de 0 a 5 puntos a dificultade do disfraz.

C. MODALIDADE GRUPAL:

  • Valorarase con 1 punto a cada membro do grupo, sempre que cumpran as condicións de participación, dando un máximo de 10 puntos.

  • Valorarase de 0 a 5 puntos a creatividade do disfraz.

  • Valorarase de 0 a 5 puntos a dificultade do disfraz.

  • Valorarase de 0 a 5 puntos a posta en escena do grupo.

 

PREMIOS:

Modalidade individual infantil:

1º premio: diploma + 100€.

2º premio: diploma + 50€.

3º premio: diploma + 30€.

Modalidade individual adultos:

1º premio: diploma + 100€.

2º premio: diploma + 50€.

3º premio: diploma + 30€.

Modalidade grupal:

1º premio: diploma + 200€.

2º premio: diploma +100€.

3º premio: diploma + 50€.

Compartir

Check Also

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

  UNIDADE MÓBIL DIANTE DA IGREXA DO PORTAL (DIANTE DOS “XARDINILLOS”) Compartir