BASES DE PARTICIPACIÓN PARA O CONCURSO DE DISFRACES
1. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
A. Poderá participar no Concurso de Disfraces do Entroido 2023, calquera persoa, ou grupo de persoas, que cumpran cos seguintes requisitos:
-
MODALIDADE INDIVIDUAL INFANTIL: Nenos e nenas de ata 12 anos disfrazados.
-
MODALIDADE INDIVIDUAL MAIORES: persoas a partir de 13 anos disfrazados.
-
MODALIDADE GRUPAL: Número de integrantes formado por tres ou máis persoas, todas elas mantenendo un mesmo tipo argumental.
B. A inscrición realizarase no momento, acudindo a festa e anotándose para concursar (facilitando os seus datos e a modalidade na que se apunta). Tamén é posible anotarse con antelación, no correo cu*****@ri*******.es.
C. O xurado estará composto por representantes de diferentes colectivos e sectores do concello de Ribadavia.
D. As persoas participantes acatarán as indicacións da organización para poder optar ao premio do concurso.
E. A participación supón a aceptación das bases e da decisión que tome o xurado.
F. O Concello de Ribadavia poderá modificar ou cancelar o concurso se as circunstancias así o requiren.
2. CRITERIOS DE VALORACIÓN:
A. MODALIDADE INDIVIDUAL INFANTIL:
-
Valorarase de 0 a 5 puntos a creatividade do disfraz.
-
Valorarase de 0 a 5 puntos a dificultade do disfraz.
B. MODALIDADE INDIVIDUAL MAIORES:
-
Valorarase de 0 a 5 puntos a creatividade do disfraz.
-
Valorarase de 0 a 5 puntos a dificultade do disfraz.
C. MODALIDADE GRUPAL:
-
Valorarase con 1 punto a cada membro do grupo, sempre que cumpran as condicións de participación, dando un máximo de 10 puntos.
-
Valorarase de 0 a 5 puntos a creatividade do disfraz.
-
Valorarase de 0 a 5 puntos a dificultade do disfraz.
-
Valorarase de 0 a 5 puntos a posta en escena do grupo.
PREMIOS:
Modalidade individual infantil:
1º premio: diploma + agasallo.
2º premio: diploma + agasallo.
3º premio: diploma + agasallo.
Modalidade individual adultos:
1º premio: diploma + 100€.
2º premio: diploma + 50€.
3º premio: diploma + agasallo.
Modalidade grupal:
1º premio: diploma + 200€.
2º premio: diploma +100€.
3º premio: diploma + agasallo.