ENTROIDO 2023 – BASES DE PARTICIPACIÓN NO DESFILE DE ENTROIDO. DOMINGO 19 DE FEBREIRO

BASES DE PARTICIPACIÓN NO DESFILE DE ENTROIDO.  DOMINGO 19 DE FEBREIRO.

As comparsas terán un mínimo de 10 persoas sen máximo de compoñentes.

As comparsas terán que inscribirse no Concello, ou ben, na Casa de Cultura antes do mércores 15 de febreiro. Terán que achegar os datos do responsable da mesma e un listado co nome do responsable, teléfono e número de compoñentes.

As comparsas terán que presentarse o domingo dia 19 de febreiro, ás 17:00 horas no I.E.S O Ribeiro. O desfile rematará na Praza Maior.

As comparsas recibirán:

– 200 euros por comparsa.

– 150 euros por carroza.

As comparsas teñen dereito s unha subvención de 5,00 Euros por participante no desfile.

 

Agradécese un ano máis o esforzo de todos por manter o Entroido en Ribadavia.

Manteránse estas condicións ata esgotar o orzamento.

 

Teléfonos de contacto:

Concello de Ribadavia: 988 477 100

Casa da Cultura: 988 471 900

Correo electrónico de contacto: cultura@ribadavia.es

 

Compartir

Check Also

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, MEDIANTE POXA, EN RÉXIME DE COMPRAVENDA OU ALUGUEIRO, DE LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE

      Compartir