A Deputación de Ourense convoca axudas para aluguer de axudas técnicas ou para mellorar a accesibilidade nas vivendas das persoas maiores de 65 anos propietarias, usufrutuarias ou
arrendatarias, sempre que sexa a súa vivenda habitual.
Os solicitantes teñen que estar empadroados nos concellos da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes e o nivel de renda non ser superior a 3 veces o IPREM.
A contía máxima por persoa será de 2.000€ que se concede para subvencionar as obras de adaptación/aluguer durante o ano 2025.
O prazo de presentación de solicitudes dende 10 de xuño ata o 9 de xullo de 2025.
Compartir
Concello de Ribadavia Concello de Ribadavia