DÍA MUNDIAL DO TEATRO.

DÍA MUNDIAL DO TEATRO EN RIBADAVIA.
  
O luns 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e desde o Concello de Ribadavia, conmemoraremos novamente este día poñendo en valor o teatro como patrimonio cultural.
Para elo, na fin de semana, haberá teatro infantil e unha sesión de Lectura de Teatro Dramatizada:
O 25 de marzo, ás 19:00 horas, na Alameda teatro de rúa con Kote Malabar , para todos os públicos.

O 26 de marzo celebraremos unha sesión de Lectura de Teatro Dramatizada ás 12 horas, no local social da Madalena.

As lecturas a realizar serán escollidas entre os gañadores do Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT Mostra Internacional de Teatro Ribadavia

Os participantes das lecturas forman parte de colectivos vecenllados as artes éscenicas de Ribadavia, así como estudantado. Tamén poderá participar da actividade calquera persoa que teña interese, sempre que contacte previamente coa concellería de cultura, no correo: cu*****@ri*******.es.
O 27 de marzo, anunciarase o cartaz da nova edición da Mostra Internacional de Teatro, ano 2023.
Imaxes do evento en 2023:
Compartir

Check Also

CONCILIA NO NADAL

23,24,25,26,27, 30 E 31 DE DECEMBRO, 2,34 7 DE XANEIRO. PARA NENOS NENAS DE 3 …