Ademais, o 25 de marzo, na Alameda, ás 19:00 horas gozaremos das artes escénicas co espectáculo de clown RISCANDO O CEO, para todos os públicos.
Riscando o ceo lévanos a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, risco, malabar, acrobacias e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fai que nos reformulemos o esencial das cousas. Inspirado no incrible mundo de O Principiño de Antoine de Saint-Exupery, Riscando o ceo é un espectáculo próximo e moi visual que fai que o público viaxe co perigo e a risa. Un show de circo que emocionará a todo tipo de persoas a través dun clown que nos fará ver as cousas do revés… porque, como se di en O Principiño, “o esencial é invisible aos ollos. Só se ve ben co corazón”.