Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Definición de Violencia de Xénero
A violencia de xénero foi e segue sendo unha das manifestacións máis claras da desigualdade, subordinación e das relacións de poder dos homes sobreas mulleres.
Este tipo de violencia baséase e exércese pola diferenza subxectiva
entre os sexos. En poucas palabras, as mulleres sofren violencia polo mero feito de ser mulleres, e as vítimas son mulleres de calquera estrato social, nivel educativo, cultural ou económico.
A violencia de xénero é aquela que se exerce sobre as mulleres por parte de quen estea ou estivesen ligados a elas por relacións de afectividade (parellas ou ex-parellas).
O obxectivo do agresor é producir dano e conseguir o control sobre a muller, polo que se produce de maneira continuada no tempo e sistemática na forma, como parte dunha mesma estratexia.
📌O día 25 celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o Concello de Ribadavía non quere que esta data pase desapercibida polo que durante todo o mes de novembro lucirá unha pancarta contra a viloencia de xénero na fachada da casa consistorial, ademáis doutras actividades que se levaran a cabo durante o mes de novembro.
Compartir

Check Also

PROGRAMA DA SEMANA SANTA EN RIBADAVIA 2024

Comezan o próximo día 25 de marzo co obradoiro de reciclaxe “Crecicla”, destinado a nenos de 6 …