ASUNTO: Declaracion de continuidade de expedientes.
Ante a situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, declarouse, mediante Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, o estado de alarma en todo o territorio nacional, por parte do Goberno de España. A disposición adicional terceira do devandito real decreto, na súa redacción dada polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, refírese á suspensión dos prazos administrativos e sinala a suspensión de termos e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos de todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No mesmo sentido, o Decreto desta Alcaldía de data 16 de marzo de 2020 adoptouse no punto 5 o seguinte acordo:
“5.- Suspension de prazos. Prescripcion e caducidade.- Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste. A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicaranse a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo.
Suspensión de prazos de prescrición e caducidade. Os prazos de prescrición e caducidade de calquera acción e dereito quedarán suspendidos durante o prazo de vixencia do estado de alarma e, se é o caso, das prórrogas que se adoptaren”.
Porén, a propia disposición prevé que as entidades do sector público acorden, motivadamente, a continuación daqueles procedementos administrativos referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.
O Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), mediante diversos acordos adoptados o 14 de abril de 2020, publicados no Diario Oficial de Galicia do 17 de abril de 2020, mediante Resolución do 16 de abril de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, considerou que debe ser un obxectivo de todas as administracións públicas planificar, sempre dando prioridade á seguridade e a saúde da poboación, os pasos necesarios para facilitar ás empresas o restablecemento da súa actividade.
Para estes efectos, o Cecop, insta as administracións competentes a valorar, de acordo co número catro da citada disposición adicional, a continuación dos procedementos administrativos necesarios para que se poidan desenvolver as actividades económicas permitidas neste momento, por considerar que existe no seu desenvolvemento un interese xeral.
Vista a “ Nota informativa da Xunta Consultiva de Contratación Pública do Estado sobre a Disposición Adicional Terceira do Real Decreto 463/2020 , polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo covid –19 en relación coas licitacións dos contratos públicos” , que indica como excepcións para poder licitar:
“d) Que se trate de licitacións referidas a procedementos de contratación que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos , co que debe tratarse de atender tan só as necesidades de interese público máis esenciais e cando o órgano de contratación acorde su continuación de forma motivada.
Tendo en conta o interese xeral dos expedientes, e en uso das atribucions que me outorga o artigo 21.1.s) e m) da Lei 2/1985, reguladora de bases de réxime local, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Continuar cos expedientes de contratación e exposicións públicas dos procedementos administrativos que se atopan neste fase no momento do decreto de estada de alarma e que de seguido relacionanse:
1.- Continuar o periodo de exposición o público do expediente de modificación de créditos núm. 1 de 2020, dentro do orzamento prorrogado para o ano 2020, publicado no B.O.P. núm. 51 de data 3 de marzo de 2020.
2.- Continuar o periodo de exposición o público do expediente de modificación das ordenanzas aprobadas inicialmente por el Pleno de la Corporación en sesión de 30 de enero de 2020 e que se expuxeron ao público mediante anuncio no B.O.P. nº 29 de 5 de febrero e núm. 60 de data 13 de marzo de 2020, e que de seguido relacionanse:
-Ordenanza fiscal reguladora del Impuesto de Bienes Inmuebles de naturaleza urbana, rústica y bienes de caracteristicas especiales.
– Ordenanza fiscal reguladora del Impuesto de actividades económicas.
-Ordenanza fiscal reguladora del Impuesto de Construcciones, Obras e Instalaciones.
3.- O concurso público para a adxudicación da concesión demanial dos postos 10,14,15 e 16 da Praza de Abastos de Ribadavia.
4.- O contrato de servizos de colaboración co servizo de recadación do concello de Ribadavia.
5 .-O contrato de servizos de colaboración e asistencia no funcionamento, conservación e mantemento do aparcamento do concello de Ribadavia.
SEGUNDO.- Que se publique o presente acordo no taboleiro de anuncios do e na web do Concello, no Boletin Oficial da Provincia e nun periódico de maior difusión da provincia.
Ribadavia, 6 de maio de 2020.-
O ALCALDE
Asdo.: Cesar Manuel Fernández Gil.