CURSO DE LINGUA GALEGA PARA OBTER O CERTIFICADO CELGA 3

image_gallery

Destinatarios: Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.

Solicitudes: As solicitudes, segundo o modelo do anexo I, dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web http://www.lingua.gal, que permite cubrir e editar a solicitude. Só se poderá presentar unha única instancia e solicitar un único curso por persoa.

O prazo para a presentación das solicitudes será de 30 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Bases: podes descargalas premendo aquí

En Ribadavia, impartirase o curso CELGA 3.

Código: CL320163206901

Lugar: IES O Ribeiro Rúa Irmáns Álvarez Araújo, 5

Datas: do 12/09/2016 ao 02/11/2016

Horario: das 18.30 a 20.30 h.

Días: de luns a venres

Compartir

Check Also

BASES DE PARTICIPACIÓN NO DESFILE DE ENTROIDO. DOMINGO 2 DE MARZO.

  As comparsas terán un mínimo de 10 persoas sen máximo de compoñentes. As comparsas …