CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A SELECCIÓN DE BAIXOS COMERCIAIS NO PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL DO CASCO HISTÓRICO DE RIBADAVIA.

O Concello de Ribadavia, promove a dinamización do seu casco histórico mediante a activación de baixos comerciais baleiros. O obxectivo desta convocatoria é a selección de locais comerciais situados dentro da área delimitada para formar parte do programa, asegurando que cumpran os criterios de idoneidade e contribúan ao obxectivo global do proxecto.

Poderán presentar solicitudes os propietarios de baixos comerciais sen actividade situados no ámbito territorial do proxecto piloto. Os solicitantes deberán ter capacidade legal para formalizar un contrato de arrendamento.

VER BASES E ANEXOS

 

 

Compartir

Check Also

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

  UNIDADE MÓBIL DIANTE DA IGREXA DO PORTAL (DIANTE DOS “XARDINILLOS”) Compartir