CONVOCADAS AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4

O SERVIZO DE ORIENTACION LABORAL DO CONCELLO DE RIBADAVIA , INFORMA A TODOS OS INTERESADOS

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017 (código de procedemento ED114A).

PRAZO PRESENTACIÓN:

Presentación de solicitudes e prazo. As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán formalizar a súa solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I a esta resolución e aboar a taxa que se indica na convocatoria.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED114A, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web http://www.lingua.gal, que permite cubrir e editar a solicitude.

MÁIS INFORMACIÓN: SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE RIBADAVIA, PREGUNTAR POR MERCE OU INÉS

Compartir

Check Also

BASES PREMIO ABRENTE PARA TEXTOS TEATRAIS.

Francisco Fernández Castro, secretario do concello de Ribadavia, CERTIFICO:   Que o Pleno do concello …