Consulta Pública Previa

En exercicio da potestade regulamentaria que corresponde a este concello e co obxecto de aprobar o “ Plan especial de protección e de infraestruturas e dotacións para a implantación de adega e actividades de enoturismo . Lugar de Campo Redondo, Santo  André. Ribadavia”

De  conformidade co previsto no artigo 133.1 da  Lei de procedemento administrativo común das  Administracións Públicas , solícitase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura figura acerca de:

  1. Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
  2. A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
  3. Os obxectivos da norma.
  4. As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias

 

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no prazo de dez días hábiles a contar do seguinte á publicación do presente anuncio na páxina web do concello, mediante a súa presentación no rexistro do concello.

 

Ribadavia 2 de outubro de 2019.A

 

Alcalde D César Fernández Gil

 

Compartir

Check Also

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, MEDIANTE POXA, EN RÉXIME DE COMPRAVENDA OU ALUGUEIRO, DE LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE

      Compartir