En exercicio da potestade regulamentaria que corresponde a este concello e co obxecto de aprobar o “ Plan especial de protección e de infraestruturas e dotacións para a implantación de adega e actividades de enoturismo . Lugar de Campo Redondo, Santo André. Ribadavia”
De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei de procedemento administrativo común das Administracións Públicas , solícitase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura figura acerca de:
- Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
- A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
- Os obxectivos da norma.
- As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no prazo de dez días hábiles a contar do seguinte á publicación do presente anuncio na páxina web do concello, mediante a súa presentación no rexistro do concello.
Ribadavia 2 de outubro de 2019.A
Alcalde D César Fernández Gil