CONSERVATORIO PROFESIONAL E ESCOLA DE MÚSICA. PRAZO DE PREINSCRICIÓN DURANTE O MES DE MAIO.

ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN, DURANTE O MES DE MAIO.

Aberto o prazo de preinscripción para o curso académico 2023-24, para todas as persoas que desexen cursar estudos musicais no Conservatorio Profesional ou na Escola Municipal de Música de Ribadavia.

No caso dos nenos que desexen escomezar estudos Oficiais no Conservatorio Profesional, deberán ter en
conta que, a idade mínima para acceder a estudos de grao elemental é de 8 anos segundo a L.O.E. (Lei Orgánica de Educación 2/2006) .

Na Escola Municipal de Música a idade mínima requerida para comezar será de 3 anos, onde podrán cursar a asignatura de Música e movemento, e dende os 6 anos en diante e sen límite de idade ,poderán optar por calquera dos instrumentos que se ofertan no Centro ou calquera das distintas materias complementarias.

Tódolos nen@s que teñan 3 anos, e queiran asistir ás clases de música e movemento, contarán coa MATRÍCULA GRATUITA ,sempre que estean empadroados no Concello Ribadavia.

Paras as persoas adultas que desexen iniciar os seus estudos musicais , contan con horarios adaptables as súas necesidades.

Especialidades que se imparten:

Música e movemento (de 3 a 5 anos).
A partir de 6 anos en diante
– Piano
– Guitarra
– Clarinete
– Frauta
– Saxofón
– Percusión ( Batería, Marimba, Caixa,…)
– Violín
– Viola
– Trompeta
– Trombón
– Trompa
– Bombardino
-Tuba
Formación complementaria o instrumento: Linguaxe musical, Orquestra, Banda, Informática musical, Coro, Hª da música, Harmonía, Conxunto Instrumental, Música de Cámara, Combos Instrumentais, Distintos tipos de música (pop, rock, jazz, tradicional, clásica….)

PÓDESE RECOLLER E ENTREGAR O BOLETÍN CUBERTO, na Secretaría do Centro, ou na
Casa da Cultura de Ribadavia.(Redondela s/n. 32400). Ou ben DESCARGAR o formulario editable aquí: RESERVA. PRAZA díptico

– Facebook: Conservatorio Profesional e Escola Municipal de Música de Ribadavia.
– Instagram: cmusprofesionalderibadavia.
– Web do Concello: ribadavia.gal.

Para aquelas persoas que non poidan facer a entrega nas dependencias do Centro, poderán:
* ENVÍAR CUBERTO ,a preinscripción a :
cm************************@ed*.es

Ou a través de Whatsapp ao número 618745794.
O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA ,PARA O CURSO 2023-2024 SERÁ
DENDE O DÍA 15 ATA O 30 DE XUÑO.
*******************************************
Para máis información:
cm************************@ed*.es
Teléfono: 618745794 – 988 471900

Compartir

Check Also

CONCILIA NO NADAL

23,24,25,26,27, 30 E 31 DE DECEMBRO, 2,34 7 DE XANEIRO. PARA NENOS NENAS DE 3 …