CONCURSO “DEBUXA IGUALDADE”

 

 

CONCURSO “DEBUXA IGUALDADE”

CON MOTIVO DO 8 DE MARZO DE 2024, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

 

(Entrega dos debuxos ata o mércores 6 de marzo de 2024 nos Centros Escolares)

 

O Concello de Ribadavia organiza o Concurso de Debuxo Infantil “DEBUXA IGUALDADE” e conforme ás seguintes BASES:

  1. Participantes.

Poderá participar o alumnado matriculado nos centros educativos do Concello, establecéndose as seguintes categorías:

CATEGORÍA A: alumnado de primeiro e segundo de Primaria.

CATEGORÍA B: alumnado de terceiro e cuarto de Primaria.

CATEGORÍA C: alumnado de quinto e sexto de Primaria.

 

  1. Temática e características dos traballos.

O traballo consistirá nun debuxo en soporte cartolina ou folio de tamaño mínimo DIN A4, e máximo DIN A3 podendo utilizarse todo tipo de técnica e sen limitación de número de cores.

A temática será a IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES en calquera dos ámbitos da vida (familiar, social, laboral, educativa, deportiva…). As obras serán inéditas e cada participante só poderá presentar un único traballo. A obra pode incluir un lema ou slogan.

 

  1. Identificación dos traballos.

No reverso da obra deberán figurar os seguintes datos:

– Concurso “Debuxa Igualdade 2024”

– Nome e apelidos completos  do/a participante

– Categoría na que participa

– Centro educativo e curso

 

  1. Lugar e prazo de presentación dos traballos.

Os traballos serán entregados á persoa que o centro escolar designe. A data máxima para presentar os traballos será o mércores 6 de marzo de 2024 incluído, data a partir da cal serán recollidos nos centros escolares.

 

  1. Premios.

Haberá un premio por cada categoría, reservándose o xurado, o dereito de declarar deserto algún dos premios no caso de que os traballos presentados non alcancen o nivel suficiente. Os premios consistirán en:

CATEGORÍA A. Premio: Lote de libros e material escolar.

CATEGORÍA B. Premio: Lote de libros e material escolar.

CATEGORÍA C. Premio: Lote de libros e material escolar.

 

  1. Xurado.

O xurado estará composto  por persoal do Concello (podendo ser tanto persoal político como persoal técnico) e por profesores/as do centros escolares.

O xurado reunirase para deliberar no lugar, data e hora en que libremente decidan. O fallo do concurso farase público o día 15 de de marzo de 2024, a través dos medios habituais (páxina web, redes sociais…) e comunicarase ós/ás gañadores ou gañadoras a través dos centros escolares aos que pertenzan.

Cos debuxos participantes realizarase unha Exposición na Casa da Cultura entre o 18 e 31 de marzo de 2024.

 

 

Compartir

Check Also

Pregos  poxa inmoble por incumprimento de obrigas urbanísticas

PLIEGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE HAN DE REGIR EL PROCEDIMIENTO DE ENAJENACIÓN SUBASTA AL …