Xa coñecemos ás vivendas e establecementos gañadores do Concurso de Nadal. Agradecemos a participación a todos os inscritos e dámoslle a noraboa aos premiados.
VIVENDAS.
1º Premio: Óscar Sotelo Rojo.
2º Premio: Vicenta Fidalgo González
3º Premio: María Mercedes Inés Rodríguez González.
Accésit: Beatriz Torres Pérez.
Accésit: Raquel Vidal Fidalgo.
Accésit: Ángeles González Ferreño.
ESTABLECEMENTOS:
1º Premio: La Huella del Gato.
2º Premio: Follas Novas.
3º Premio: Modistas Rovi.
BASES DO CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL.
Concurso de Decoración de Nadal de Ribadavia.
Para participar é preciso cubrir os anexos de participación, dipoñibles aquí: ANEXOS DE PARTICIPACIÓN CONCURSO DECORACION DE NADAL
1. ORGANIZA
O Concello de Ribadavia, con domicilio na Praza Maior, 4. Ribadavia.
(Ourense) C.P. 32400 e o CIF nº P3207000E – , en diante, “A Organización”.
2. OBXECTIVO
O Concurso ten como obxectivo a decoración e ornamentación das fachadas, balcóns e xanelas da
vivendas, edificios e locais comerciais e establecementos de Ribadavia durante o Nadal.
3. PARTICIPANTES
Poderán participar persoas, maiores de idade, propietarias ou arrendatarias de inmobles e locais
comerciais situados nas rúas do municipio de Ribadavia.
4. PERÍODO DE INSCRICIÓN E PARTICIPACIÓN
A inscrición e gratuíta e individual.
– Prazo de inscrición: Ata o 23 de decembro.
– Presentación: Presentarase preferiblemente a través de medios electrónicos, sede electrónica do
Concello, dirección de correo electrónico en: de*********@ri*******.es, ou na Oficina do
Rexistro do Concello ou, no seu defecto por calquera das formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de
outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
– EXHIBICIÓN AO PÚBLICO: Os balcóns, xanelas e fachadas participantes deberán exhibirse ao
público durante o Nadal (como mínimo desde o 24 ao 6 da xaneiro, ambos inclusive).
5. NORMAS DE PARTICIPACIÓN
Poderán optar coa decoracións de Balcóns, xanelas, fachadas, así como portas e portais, sempre que
sexan visibles desde a rúa, tanto para casas como para os establecementos comerciais e hostaleiros.
a) Os elementos decorativos para engalanar os balcóns, fachadas, portais e xanelas deixaranse á
libre elección das persoas participantes, sempre en canto cumpran as normas básicas de convivencia
e respecto.
b) Queda prohibido o uso de iluminación usando elementos coma velas, fachos ou calquera
tipo de elementos pirotécnicos.
c) Os elementos utilizados deberán estar ben ancorados á estrutura do balcón ou xanela sen
que a súa localización obstaculice, estorbe e/ou poña en risco a seguridade dos vehículos e/ou
viandantes.
d) As persoas participantes serán responsables de calquera accidente ou dano causado pola
caída de algún elemento decorativo (ou parte deste), á vía pública.
e) A realización do concurso e a entrega de premios require unha participación mínima de 8
persoas. Se o número é menor daranse os premios por desertos.
6. PREMIOS
– Un primeiro premio dotado de: 100 euros.
– Un segundo premio dotado de: 75 euros.
– Un terceiro premio dotado de: 50 euros.
– tres accésit de 25 euros cada un.
Premios en cheques regalo para trocar no comercio local de Ribadavia.
A entrega de premios realizarase no lugar, data e hora sinalados pola organización.
As persoas gañadoras será publicado na páxina web e nas redes sociais oficiais. Os/as gañadores/as
tamén serán avisados/as telefonicamente.
7. XURADO
Será designado pola Organización e estará composto como mínimo por 3 persoas.
O Xurado visitará sen previo aviso e de xeito individual os balcóns e xanelas participantes no
concurso durante o período de duración do mesmo.
O fallo do Xurado, que será inapelable, farase público na páxina web do Concello de Ribadavia e as
persoas gañadoras serán avisadas telefonicamente a partir do día seguinte da
decisión do Xurado.
O Xurado reservase o dereito de resolver todas as situacións non contempladas nestas bases,
así como o dereito a declarar desertos os premios por motivos xustificados e/ou se non se
consegue un mínimo de inscricións no concurso (8 persoas mínimo).
8. CRITERIOS DE VALORACIÓN
O Xurado, na súa labor de selección dos balcóns, fachadas, portais, xanelas e escaparates premiados neste
concurso, valorará fundamentalmente os seguintes aspectos:
a) O uso de elementos decorativos reciclados, para engalanar os balcóns, portas e xanelas.
b) Deseño da composición. Orixinalidade e creatividade da composión
c) Harmonía do conxunto.
d) Vistosidade da composición.
9. ACEPTACIÓN DE BASES
A Organización resérvase o dereito de modificar ou tomar iniciativas non reguladas nas bases,
sempre que poidan contribuír a un maior éxito desta convocatoria.
A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases, a conformidade
absoluta coas decisións do xurado e a renuncia a calquera reclamación.
Así mesmo, autorízase á Organización a realizar fotografías aos balcóns e xanelas
participantes, reservándose todos os dereitos, pudendo ser usadas para a súa publicación en
calquera medio.
Os elementos utilizados deben respectar a normativa vixente. Deberán estar ben ancorados á
fachadas e estrutura do balcón ou xanela sen que a súa localización obstaculice, estorbe e/ou poña
en risco a seguridade de viandantes e/ou vehículos.
En Ribadavia, a 12 de decembro de 2022.