CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL 7 DE MAIO: DÍA DA NAI, DA FAMILIA E DOS NOSOS SERES QUERIDOS.

CONCURSO DE DEBUXO. 2023.

O domingo 07 de maio de 2023 celébrase o Día do Nai. Con tal motivo desde o concello convocamos o concurso de debuxo infantil para o día dos nosos seres queridos.

Desde o concello de Ribadavia queremos animar aos máis cativos (ata 12 anos) a que nos envíen debuxos, dando renda solta á imaxinación e creatividade en torno aos seres queridos.

O obxectivo é fomentar a imaxinación, a concentración e promocionar tamén a lectura, xa que os premios consistirán en material escolar e libros adapatados á idade dos participantes.

  • Poden facernos chegar os debuxos mediante foto ao correo cu*****@ri*******.es ou depositando o debuxo na Casa do Concello.
  • Valorarase a creatividade, a orixinalidade e o esforzo realizado.

Bases:

  • O solicitante deberá indicar á parte o nome, apelidos e idade do menor, así como nome, apelidos, número de DNI e teléfono de contacto do proxenitor ou titor legal. Estes datos non poderán estar incluídos no debuxo.
  • No caso de que o debuxo sexa enviado dende colexios, deberase indicar o nome e apelidos do menor, a idade e o centro educativo de Ribadavia ao que pertencen. Estes datos non poderán estar incluídos no debuxo. Poderase incluír unha listaxe a parte identificando a cada alumno co seu debuxo (INDICANDO A IDADE).

Contacto:

  • Correo electrónico: cu*****@ri*******.es
  • ou depositar o debuxo entregándoo no concello.
  • Data límite para enviar os debuxos: 07 de maio.
  • Resolución de gañadores: 9 de maio.

Será precisa a autorización dun proxenitor ou titor legal maior de idade. Realizando a solicitude de participar desta actividade, enténdese que automaticamente se dá o consentimento.

Os participantes e os seus representantes legais consenten automaticamente ao participar desta actividade a utilización, publicación e reprodución sen limitación, por parte da organización, da obra e autor/a en calquera tipo de publicidade, promoción, publicación, incluído Internet ou calquera outro medio da natureza que sexa, con fins informativos, sen que dita utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún.

Premios:

Haberá dúas categorías, con 3 premios cada unha:

  • infantil (ata 8 anos) e
  • xuvenil (de 9 a 12 anos).

Os premios consistirán en material escolar e libros de lectura.



Actualización; 12 de maio de 2023:

Os gañadores nas diferentes categoría son:

🔸 Premiados na categoría Infantil:

– Clara Taboada González.

– África Araujo Gándara.

– Marco Sotelo López.

🔸 Premiados na categoría Xuvenil:

– Gabriel Fernández González.

– Lidia Travieso Iglesias.

– Yago Fidalgo Enríquez.

Noraboa a todas e a todos. Grazas por participar.

Compartir

Check Also

CONCILIA NO NADAL

23,24,25,26,27, 30 E 31 DE DECEMBRO, 2,34 7 DE XANEIRO. PARA NENOS NENAS DE 3 …