Concilia Verán 2025

O Concello de Ribadavia como un xeito de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Ribadavia durante o verán organiza a conciliación en verán.

Este programa tamén ten como obxectivo o goce no tempo estival, dos nenos e das nenas, tanto dende un punto de vista pedagóxico, como no de poder vivir unha experiencia que axude a potenciar o seu desenvolvemento persoal e autonomía.

Neste ano 2025 por primeira vez hai conciliación no mes de setembro (1-5). Este aumento na conciliación faise para completar todo o periodo de verán non lectivo e así facilitar a conciliación familiar e laboral.

VER AS BASES DA “CONCILIA VERÁN 2025”

Compartir

Check Also

Subvencións para o impulso da innovación e sostibilidade do comercio local e artesanal

A Xunta de Galicia lanza novas subvencións para impulsar a modernización do noso sector comercial …

Idioma / Language »