CLÁUSULAS DE ARRENDAMENTO DO BAIXO DA ALAMEDA

Fasse públicas as bases para o contrato o arrendamento do local situado no baixo da Alameda. O prazo de presentación de solicitudes efectúarase no Rexistro Xeral do Concello, no prazo de quince días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación no BOP ( do 16 de Xaneiro ao 3 de Febreiro).  As ofertas presentaranse en tres sobres pechados da seguinte forma: sobre número 1 coa documentación, sobre número 2 coa proposición sobre criterios obxetivos, e sobre número 3 coa proposición económica.

 

En canto aos criterios obxectivos e a súa puntuación son os seguintes:

  1. a) Mellor oferta económica: partindo do tipo base de licitación (300 euros IVE incluído), de modo que a mellor oferta recibirá unha puntuación de dez puntos.
  2. b) Mellora dos elementos do local: a mellor oferta recibirá unha puntuación de cinco puntos.
  3. c) Creación de emprego: Terase en conta os postos de traballo de nova creación (como mínimo durante un prazo dun ano. Puntuarase con 5 puntos o autoemprego de persoas que se atopen en situación de desemprego, é dicir, que a persoa que opte ao concurso sexa a que vai desenvolver o seu posto de traballo neste espazo municipal. Respecto ás contratacións de persoas paradas, puntuarase con 2 puntos  os contratos indefinidos de xornada completa e 1 punto a media xornada. Os demais contratos (por horas) puntuarase proporcionalmente.
  4. d) Empadronamento no Concello de Ribadavia: Valorarase con un punto sempre e cando esté acreditado.. A puntación máxima será de 2 puntos.

Pode consutar as bases no apartado do perfil do contratista desta páxina web e aquí.

 

 

 

 

 

Compartir

Check Also

Axuda Material Escolar

  O Concello de Ribadavia convoca Axudas de Material Escolar para o Curso escolar 2024-2025. …