RIBADAVIA – 24 DE AGOSTO
AUDITORIO RUBÉN GARCÍA DO CASTELO (22:30h)
Entrada Gratuita ata completar aforo
O oitavo disco do compositor galego contará cun espectáculo en directo exclusivo que combinará o virtuosismo do músico, unha banda de novos talentos e algunhas das mellores voces deste país. Unha gran conxunción de música e baile, do tradicional coa vangarda.
Branca Vela é a combinación de ritmos, sons, instrumentos e percusións tradicionais coa electrónica máis revolucionaria. É unha máxima que persegue Budiño dende os seus comezos. É o traballo de produción e composición máis complexo da súa carreira. É a oportunidade única de poder ver xuntos no escenario a grandes referentes da música galega. É, en definitiva, a representación en vivo dunha obra compositiva coral e que promete estar á altura.
A experiencia máis sensitiva deste espectáculo é a video creación que acompaña á música de Budiño, unha viaxe visual polas súas novas composicións.
BANDA:
BUDIÑO: Voz, gaita, frautas, guitarra, electrónica
INÉS SALVADO: Voces, percusión electrónica e tradicional
ANDRÉS BOUTUREIRA: Voces, acordeón, percusión tradicional
TANIA CAAMAÑO: Voces, percusión tradicional
CIBRÁN SEIXO: Violín, pedalera moog