BASES REGULADORAS PARA A CAMPAÑA DOS BONOS O CONSUMO

O CONCELLO DE RIBADAVIA LANZA A CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN DO COMERCIO LOCAL “RIBADAVIA CHEA DE VIDA”.

 

  • Esta campaña pretende inxectar 25.000€ ao comercio local de Ribadavia a través de 2500 bonos desconto de 10€ para compras no comercio local da veciñanza de Ribadavia.

 

 A Xunta de Goberno do Concello de Ribadavia ven de poñer en marcha a campaña de dinamización do consumo no comercio local “Ribadavia chea de vida”. Esta campaña pretende inxectar no comercio local de Ribadavia a través de 2500 bonos desconto de 10 € para que a veciñanza de Ribadavia poda facer compras no comercio local.

A campaña constará de dous mil cincocentos bonos de desconto, por valor cada un deles de 10 euros para utilizar como desconto en compras superiores ou iguais a 30 euros nos establecementos de Ribadavia adheridos á campaña. A campaña realizarase ao longo do mes de decembro, coincidindo coa campaña de Nadal, e os bonos poderán trocarse no comercio ata o 31 de decembro coma data límite.

Os comercios que desexen participar nesta campaña deberán ter a súa sede física e o seu domicilio fiscal no término municipal de Ribadavia e, ademais, adherirse á mesma presentando a súa solicitude segundo o anexo que se adxunta ás bases da convocatoria. As solicitudes dos establecementos que desexen particicpar presentaranse enviando o anexo debidamente cumplimentado ao enderezo electrónico iv*******@ri*******.gal ata o próximo luns 30 de novembro, data límite para adherirse e poder participar nesta campaña. As bases da convocatoria poden consultarse na páxina web do Concello de Ribadavia ( www.ribadavia.es ).

 

 

BASES REGULADORAS DE BONO COMERCIO_”Ribadavia chea de vida”

 

ANEXO_INSCRICIÓN

 

 

Compartir

Check Also

XORNADAS GASTRONÓMICAS SEFARDÍES EN RIBADAVIA

Xornadas Gastronómicas Sefardíes Venres 27 e sábado 28 de setembro de 2024 Ribadavia acollerá as …