Primeira: Obxecto da convocatoria.
Constitúe o obxecto destas bases a regulación do procedemento de selección para a contratación dun traballador coa categoría de peón (operario de instalacións deportivas) para obra/servizo determinado
O ámbito de actuación será as instalacións deportivas de titulariadade municipal.
As labores a desenvolver consistirán na realización dos seguintes traballos:
Tarefas de limpeza , mantemento e control de acceos nas instalación dependentes do consello municipal de deportes(Piscina Municipal e P. O Consello) en epoca estival.
Segunda: Normativa aplicable.
Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; Real Decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia; Decreto 95/1991, do 20 de marzo pola que se aproba o regulamento de selección de persoal da Comunidade Autónoma de Galicia; Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública; Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada, Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, de regras básicas e programas mínimos a que se debe axusta-lo procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; e supletoriamente, o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración Xeral do Estado e Orden de 6 de xuño de 2002, pola que se establecen as normas para a selección e nomeamento de persoal interino e demais normativa vixente na materia. Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.
Terceira: Modalidade e duración do contrato.
A modalidade contractual será a dun contrato laboral temporal, por obra ou servizo determinado e a tempo completo, regulado polo artigo 15 do Estatuto dos Traballadores, con duración ata fin de obra (31 de agosto 2021), e un período de proba, o legalmente establecido.
A xornada de traballo será de 37,50 horas semanais, de luns a domingo.
Cuarta: Requisitos dos aspirantes.
Para participar nas probas selectivas as persoas aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
a) Ser español ou nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado en que en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderá participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún estado en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España cando sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder de 65 anos.
c) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo para o que se opta.
A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas
d) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración Pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentenza firme.
e) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
f) Non ter traballado nesta Administración 24 meses ou máis nos derradeiros 30 meses contando ata a aprobación das presentes bases, segundo o establecido nos artigos 27 e 28 da Lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia.
g) Estar en disposición do permiso de conducir tipo B.
O cumprimento dos requisitos entenderase referido á data de finalización do prazo de presentación de instancias, de acordo co previsto no artigo 18.2 do R.D. 364/1995, d 10 de marzo.
Quinta: Procedemento de selección e presentación de instancias.
O procedemento selectivo será o de concurso previsto no artigo 61 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.
A presente convocatoria será publicada nun diario de máxima difusión na provincia, na páxina web www.ribadavia.es e no taboleiro de anuncios do concello.
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes (ANEXO I) no prazo de CINCO DIAS NATURAIS seguintes ao da publicación da convocatoria nun diario de maior difusión da provincia, no Rexistro Xeral do Concello de Ribadavia en horario de 9.00 a 14.00 h. Tamén poderán presentarse na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común, neste caso, as persoas concursantes deberán comunícalo mediante email (se********@ri*******.es) durante o mesmo prazo que o da presentación de instancias.
Sexta: Documentación a presentar.
a) Solicitude de participación anexa á estas Bases (ANEXO I)
b) Fotocopia compulsada do DNI.
c) Documentación acreditativa dos méritos alegados.
Sétima: Admisión de candidatos.
Rematado o prazo de presentación de instancias, a Presidencia da corporación, ditará resolución na que se aprobará a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as que se publicará no Taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web www.ribadavia.es e concederase un prazo de dous (2) días hábiles para os efectos de reclamacións ou emendas de erros.
As reclamacións, se as houbese, serán resoltas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva que se publicará do mesmo xeito que a provisional. Nesta mesma resolución, figurará o lugar e data da celebración da entrevista, que se publicará xunto coa lista definitiva.
No caso de que por circunstancias excepcionais houbese que modificar lugar, data ou hora da valoración de méritos e da fase de oposición, publicarase no Taboleiro de anuncios do concello e na páxina web www.ribadavia.es.
Oitava: Tribunal de selección.
Estará constituido por:
PRESIDENTE: Un funcionario do Concello designado pola Alcaldesa.
SECRETARIO: O Secretario do Concello ou funcionario no que delegue.
VOCAIS: -Funcionario ou persoal laboral designado pola Alcaldesa .
-Funcionario ou persoal laboral designado pola Alcaldesa, coa mesma titulación que a praza/as obxecto da convocatoria.
-Funcionario ou persoal laboral, designado pola Alcaldía.
Os integrantes do tribunal deberán absterse de formar parte destes, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común. Os aspirantes poderán recusar os membros do tribunal de acordo co artigo 24 da mencionada Lei.
O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presenza de máis da metade dos seus membros, sexan, indistintamente, titulares ou suplentes. En todo caso será necesaria a presenza do Presidente/a e do Secretario/a ou de quen os substitúan.
O Tribunal resolverá, por maioría de votos dos seus membros presentes, todas as dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a realización das probas, así como adoptar as medidas necesarias para garantir a debida orde nas mesmas.
O Tribunal poderán dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Os ditos asesores actuarán con voz e sen voto; limitaranse ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal.
As resolucións do tribunal vinculan á administración sen prexuízo de que ésta, de ser o da Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común.
Novena: Procedemento e criterios de selección.
En atención ao carácter temporal da relación, a selección efectuarase mediante:
I. Valoración de méritos. Ata un máximo de 6 puntos.
A.1 Méritos Profesionais.
a)Por cada mes completo de servizos prestados en calquera das Administracións Públicas en praza ou posto de igual ou similar contido ao que se opta: 0,10 puntos ata un máximo total de 2 puntos.
b)Por cada mes completo de servizos prestados en empresas privadas ou como autónomo na praza ou posto de igual ou similar contido ao que se opta: 0,05 puntos ata un máximo total de 1 punto.
A estes efectos non se computarán servizos que fosen prestados simultaneamente con outros igualmente alegados e reduciranse proporcionalmente os prestados a tempo parcial.
A.2. Cursos, seminarios, congresos, xornadas vencellados ao ámbito das instalacións e a actividade física e o deporte. Formación promovida pola administración publica a universidade ou entidades privadas.
– Por cursos de 10 a 40 horas de duración: 0,10 puntos, ata un máximo de 0,40 puntos.
– Por cursos de 41 a 100 horas de duración: 0,20 puntos, ata un máximo de 0,80 puntos..
– Por cursos de máis de 100 horas de duración: 0,30 puntos, ata un maximo de 1,20 puntos.
Os cursos nos que non se exprese duración ningunha serán valorados coa puntuación de 0,05 puntos.
Na acreditación de seminarios permanentes que duren un curso lectivo deberán especificarse o número de horas, no caso contrario valoraranse coa puntuación mínima.
No suposto de que a duración do curso se exprese en días, establécese unha equivalencia de 5 horas por cada día de curso.
A.3. Outros Méritos.
– Haber participado en actividades de voluntariado promovidas por entidades que teñan como obxeto o fomento da actividade física e o deporte
– De 12 a 36 meses : 0,30 puntos
– Mais de 36 meses : 0,60 puntos
– Polo recoñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado):
– Curso de iniciación ó galego: 0,20 puntos
– Curso de perfeccionamento: 0,30 puntos
– Curso de especialización: 0,60 puntos
Só se valorarán aqueles cursos ou titulacións homologadas pola Secretaria Xeral de Política Lingüística e só o de maior puntuación.
B) Xustificación dos méritos alegados.
A documentación que haberá de presentarse para xustificar os méritos que se alegan para a súa valoración conforme ao baremo indicado será a seguinte en cada caso:
B.1 Experiencia profesional.
– A experiencia profesional en praza ou posto de igual ou similar contido fóra do ámbito da Administración Pública xustificarase:
No caso de servizos prestados por conta allea, achegando os seguintes documentos:
* Contrato de traballo ou certificación da empresa correspondente ao período que se alega.
* Certificado de cotizacións á Seguridade Social.
– No caso de servizos prestados por conta propia, achegando os seguintes documentos:
* Xustificante de pagamento do imposto de actividades económicas de cada un dos anos en que se estivera en situación de alto no mencionado imposto.
* Certificado de cotizacións á Seguridade Social, onde consten período e grupo de cotización, salvo aqueles colectivos profesionais que estean exentos desta cotización, o que deberá acreditarse de forma fidedigna.
– A experiencia profesional en praza ou posto de igual contido no ámbito da Administración Pública xustificarase:
* Achegando a documentación indicada nos parágrafos precedentes.
* Presentando certificación expedida pola Secretaría ou calquera outro órgano da Administración con competencias en materia de persoal, onde constarán os seguintes datos:
– Denominación dos postos de traballo que desempeñaran con expresión do tempo que os ocupara.
– Dependencias ás que estean adscritos os devanditos postos.
– Relación xurídica que mantivo ou mantén no desempeño dos postos coa Administración.
– Nos tres apartados do punto 1 do baremo, para acreditar que se ocupa ou se ocupou praza ou posto de igual ou similar contido, cando non coincidan a denominación dos que se ocuparan co da praza á que se opta, o interesado haberá de achegar certificado no que consten as funcións desenvolvidas.
Para acreditar os méritos sinalados no punto A.3 do baremo haberá de achegarse fotocopia compulsada dos documentos oficiais que os acrediten.
II. Entrevista Curricular.
O obxecto da entrevista curricular fundamentase na necesidade de definición do perfil do aspirante co requerido para o posto de que se trate e consistirá en preguntas relacionadas coas funcións do posto ofertado.
Dentro da entrevista realizarase unha proba tipo test sobre as funcións do posto a desempeñar : valorarase do 0 a 1 punto.
A valoración da entrevista e proba tipo test é de 0 a 4 puntos.
III. Aplicación do concurso.
Os puntos obtidos na entrevista curricular sumaranse aos obtidos despois de aplicar o baremo establecido nas bases referidas.
IV. Criterio para dirimir empates.
De se produciren empates na puntuación, a orde de desempate sera a seguinte:
1.- A solicitante de sexo feminino con preferencia sobre o masculino, cando na categoria ou escala se dean as condicións de infrarepresentación establecidas no artigo 37 da Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para igualdade de mulleres e homes.
2.- Parados de longa duración con cargas familiares.
3.- Persoas con discapacidade.
4.- Solicitantes desempregados maiores de 45 anos.
5.- Solicitante de maior idade.
Concluídas as probas , elevarase ao órgano competente proposta de candidatos para a formalización dos contratos, precisándose que o número de propostos non poderá superar o número de contratacións ofertadas. A proposta do tribunal farase pública medianta a publicación da acta no taboleiro de anuncios do concello.
Décima: Lista de seleccionados e presentación de documentación.
Unha vez rematada a cualificación dos méritos aportados por cada un dos aspirantes así como a fase de oposición, o tribunal publicará no Taboleiro de anuncios do concello e na páxina web www.ribadavia.es a relación de seleccionados por orde de puntuación.
O resultado final do proceso de selección virá determinado pola suma da cualificación da fase de concurso e oposición.
O tribunal presentará a Alcaldesa a proposta dos/as candidatos/as que obtivesen maior puntuación e tiveran superado a proba práctica, para o seu nomeamento sen que en ningún caso exceda do número de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o anteriormente establecido será nula de pleno dereito.
Os/as aspirantes propostos/as achegarán no prazo de dous (2) días hábiles, contados a partir da publicación da lista de aprobados no Taboleiro de anuncios e na páxina web, os documentos seguintes (sempre que non os tivesen presentado coa solicitude):
– Documentación orixinal, presentada coa instancia, para o seu cotexo.
– Declaración xurada de que non foi separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio da función pública por sentencia firme.
– Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ó momento da súa toma de posesión.
– Certificado de titularidade da conta bancaria.
– Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade ou limitación física ou psíquica que impida o normal desenvolvemento das súas funcións as que se opta.
– Tarxeta da Seguridade Social.
O/a aspirante que faga valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá presentar certificado dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social que acredite tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da administración sanitaria acreditativo de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.
A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base e agás nos casos de forza maior, ou cando do exame da mesma se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 4ª, non poderán formalizar o contrato e quedarán anuladas as actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrera por falsedade na solicitude de participación.
Undécima: Formalización do contrato.
Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polos/as interesados/as, o Alcalde efectuará o nomeamento a favor dos/as candidatos/as propostos/as e asinará o contrato laboral nun prazo máximo de cinco (5) días naturais.
Duodécima: Bolsa de reserva.
As persoas que non consigan praza pasarán a formar parte dunha bolsa de traballo, de tal maneira que, cando o concello necesite algún/ha traballador/a destas características para o mesmo servizo e posto obxecto da presente convocatoria, para cubrir postos que queden vacantes, entón acudirá a dita bolsa, seleccionando ó/á primeiro/a deles/as e soamente poderá seleccionarse ó/á seguinte a este/a, sempre e cando aquel/a rexeitase o posto ou non cumpra nese intre cos requisitos do punto dous destas bases; o que suporá pasar ó final da lista salvo que se dean as circunstancias de estar xa traballando ou enfermo/a, o que deberá xustificarse mediante a documentación necesaria. A duración desta bolsa será polo tempo que dure o servizo subvencionado.
Décimo terceira: Recursos.
Esta convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven delas ou da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida pola Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común.
ANEXO I
MODELO DE INSTANCIA
D/Dª……………………………………………………………………………………………….………, con DNI ……………… e domicilio, a efectos de notificación, ….………………….. ……………………………………….…….. teléfono ………………..…………..… correo electrónico ……………………………………………………..
Expón:
Que enterado da convocatoria pública efectuada polo Concello de Ribadavia desexa participar no concurso convocado para a provisión do posto de traballo de OPERARIO DE INSTALACIONS DEPORTIVAS, mediante contratación en réxime laboral temporal, modalidade de contrato de duración determinada a tempo completo, do artigo 15.1 B) polo que se aproba o Real Decreto 2/2015, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.
A tal efecto, faise constar:
· Que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria
· Que autorizo ao Concello de Ribadavia para a publicación dos meus datos persoais (nome, apelidos ) e das posibles causas de exclusión, no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web www.ribadavia.es ao ser de publicidade un dos principios legais que debe observarse nos procedementos de selección.
· Que aporto a seguinte documentación:
1.- Solicitude de participación anexa ás Bases. (ANEXO I).
2.- Fotocopia do DNI.
3.- Documentación acreditativa e dos méritos alegados:
Solicita:
Ser admitida/o a participar na presente convocatoria.
O abaixo fírmante declara baixo a súa responsabilidade que son certos todos os datos obrantes na presente solicitude e que reúne todas e cada unha das condicións e requisitos esixidos para participar na presente convocatoria, así como que acata integramente o contido das bases.
Ribadavia, ………. de ………………………………. de 2021
Sinatura