O obxeto das presentes bases e a de subvencionar a entidades que promovan actividades de carácter físico-deportivo orientadas principalmente a promoción do deporte de base, apoiandoas no sostenemento das mesmas, asi como consolidar e promover o asociacionismo deportivo.A dotación orzamentaria para tal fin é de 7. 000 Euros e o prazo para a presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do seguinte ó da publicación das bases no B.O.P. As solicitudes presentaranse nos modelos que o propio Concello de Ribadavia facilitará dentro do prazo conferido ao efecto.
Poderán acceder a estas axudas toda-las entidades deportivas con sede no Concello de Ribadavia que cumplan os seguintes requisitos:
- Estar inscritos nos rexistros deportivos correspondentes da Xunta de Galicia
- Participar en competicións oficiais organizadas polas respectivas federacións
- Posuir, polo menos , un equipo de base inferior a categoría senior/absoluta, no caso de disciplinas individuais posuir como minimo cinco licenzas federativas en categorías inferiores.
- Desenvolver a sua actividade obxeto das axudas dentro do Concello de Ribadavia.
Pode consultar as bases aquí.