BASES PARA SELECCIÓN DE DÚAS PRAZAS DE CAPATAZ FORESTAL POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICION.

BASES PARA SELECCIÓN DE DÚAS PRAZAS DE CAPATAZ FORESTAL POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICION.

Consulta as bases aquí: Bases Capataz

A efectos de dar cumprimento ao esixido ao concello de Ribadavia pola Addenda ao Convenio Interadministrativo subscrito entre a Consellería de Medio Rural e a entidade local de Ribadavia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2019 cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, aproba a contratación de dúas prazas de capataz forestal e as seguintes bases:

BASES

I. NATUREZA E CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS A CUBRIR E SISTEMA SELECTIVO ELIXIDO.

1. Convócanse procedemento para cubrir dúas prazas pertencente á categoría de capataz forestal mediante a figura de contrato laboral temporal a través do sistema de acceso de concurso-oposición.

2. A adxudicación da praza ao aspirante aprobado efectuarase de acordo coa cualificación final obtida por este, de conformidade co disposto na Base 4ª.

3. Ao presente proceso selectivo seralle de aplicación o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 30/84 do 2 de agosto de Medidas para a Reforma da Función Pública no que non fose derrogada pola anterior, a Lei 7/85 do 2 de abril de Réxime Local, RDL 781/86 do 18 de abril polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, Real Decreto 896/91 do 7 de xuño, as presentes Bases Reguladoras xunto cos anexos que a acompañan, e supletoriamente o Real Decreto 364/95, de 10 de marzo, así como a Sentenza do Tribunal Constitucional 67/1989.

II. CONDICIÓNS E REQUISITOS QUE DEBEN REUNIR OU CUMPRIR OS/ÁS ASPIRANTES.

1. Para ser admitido á realización das presentes probas selectivas para o acceso ás prazas convocadas, os/as aspirantes deben reunir os seguintes requisitos:

  1. Ser español/a ou atoparse nos supostos previstos no artigo 57.4 do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.

  2. Ter cumpridos 18 anos de idade e non alcanzar a idade de xubilación.

Estar en posesión do titulo de Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxisticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente, ou en condicions de obtelo na data de finalizacion do prazo de admisión de instacias

  1. Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións. Non obstante, cando algunhas das prazas estea reservada aos que teñan a condición de minusválido/a, non se establecen limitacións físicas ou psíquicas senón no caso de que sexan incompatibles co desempeño das tarefas ou funcións encomendadas.

  2. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo ao Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin se achar inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española non deberán estar sometidos a sanción disciplinaria nin condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

  3. Non estar incurso/a en causa de incapacidade das establecidas na normativa vixente de Función pública.

  4. Estar en posesión do carné de conducir B.

2. Os requisitos establecidos nestas Bases haberán de ser acreditados no momento de presentación de instancias e mantelos ata o momento da toma de posesión como persoal laboral temporal.

3. O procedemento selectivo será o de concurso-oposición previsto no artigo 61 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.

A presente convocatoria será publicada nun diario de máxima difusión na provincia, na páxina web www.ribadavia.es e no taboleiro de anuncios do concello.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes (ANEXO I) no prazo de CINCO DIAS HABILES seguintes ao da publicación da convocatoria nun diario de maior difusión da provincia, no Rexistro Xeral do Concello de Ribadavia en horario de 9.00 a 14.00 h. Tamén poderán presentarse na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común, neste caso, as persoas concursantes deberán comunícalo mediante email (secretaria@ribadavia.es) durante o mesmo prazo que o da presentación de instancias.

III. TRIBUNAL.

1. A composición do Tribunal será predominantemente técnica e os vogais deberán posuír titulación ou especialización iguais ou superiores aos esixidos para o acceso a praza convocada.

2. O Tribunal cualificador do proceso selectivo estará integrado polos seguintes membros:

PRESIDENTE: Un funcionario do Concello designado pola Alcaldesa.

SECRETARIO: O Secretario do Concello ou funcionario no que delegue.

VOCAIS: Tres Funcionarios ou persoal laboral do Concello designados pola Alcaldesa .

Os funcionarios ou persoal laboral designados deberá ter a mesma ou superior titulación que a praza/as obxecto da convocatoria.

3. Os aspirantes poderán recusar a calquera membro do Tribunal nos termos do art. 24 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 23 de dita lei.

4. Para a válida constitución do Tribunal, para os efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos, requirirase a presenza en todo caso, do Presidente e do secretario do Tribunal, ou no seu caso, dos que lle substitúan, e da metade polo menos dos seus membros designados como vogais, sen que en ningún caso poidan ser inferior a tres. Este quórum deberá manterse durante toda a sesión.

5. O Tribunal terá capacidade para resolver cantas dúbidas e incidencias formúlense, adoptando as medidas necesarias para o normal desenvolvemento do proceso selectivo.

6. Para a cualificación dos aspirantes o Tribunal axustarase ao disposto na base IV. A) desta convocatoria.

O Presidente do Tribunal adoptará as medidas necesarias para garantir os principios de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

7. Concluído o proceso selectivo, o Tribunal fará público no Taboleiro de Anuncios, a cualificación final dos aspirantes, con indicación da puntuación obtida na fase de concurso e entrevista curricular, declarando aprobado ao aspirante que obtivera a máxima puntuación.

As persoas seleccionadas quedarán supeditadas a superar o recoñecemento médico pertinente, superación das probas físicas e curso teórico-práctico.

8. O Tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ao de prazas/postos convocados. As propostas de aprobados que contraveñan este límite serán nulas de pleno dereito.

9. Aos efectos de comunicacións e incidencias o Tribunal terá a súa sede na do Concello de Ribadavia.

10. Os membros do Tribunal son persoalmente responsables do estrito cumprimento das bases da convocatoria e da suxeición aos prazos establecidos para a realización ou valoración das probas e para a publicación dos resultados.

IV. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.

1. As probas selectivas constarán dunha fase de concurso-oposición e unha entrevista curricular.

2. Fase de concurso. O máximo de puntos que se pode obter na fase de concurso non poderá ser superior a 5 puntos. O tribunal valorará os méritos alegados e xustificados documentalmente polos aspirantes conforme ao seguinte baremo:

  1. Valoración de méritos.

A.1 Méritos Profesionais.

a)Por cada mes completo de servizos prestados en calquera das Administracións Públicas en praza ou posto de igual ou similar contido ao que se opta: 0,10 puntos ata un máximo total de 2 puntos.

b)Por cada mes completo de servizos prestados en empresas privadas ou como autónomo na praza ou posto de igual ou similar contido ao que se opta: 0,05 puntos ata un máximo total de 1 punto.

A estes efectos non se computarán servizos que fosen prestados simultaneamente con outros igualmente alegados e reduciranse proporcionalmente os prestados a tempo parcial.

A.2. Cursos, seminarios, congresos, xornadas. Participar en actividades formativas, sempre que se atopen relacionadas coas funcións a desenvolver e organizados, ben por unha Administración Pública ou unha Universidade.

– Por cursos de 10 a 40 horas de duración: 0,10 puntos, ata un máximo de 0,40 puntos.

– Por cursos de 41 a 100 horas de duración: 0,20 puntos, ata un máximo de 0,80 puntos..

– Por cursos de máis de 100 horas de duración: 0,30 puntos, ata un maximo de 1,20 puntos.

Os cursos nos que non se exprese duración ningunha serán valorados coa puntuación de 0,05 puntos.

Na acreditación de seminarios permanentes que duren un curso lectivo deberán especificarse o número de horas, no caso contrario valoraranse coa puntuación mínima.

No suposto de que a duración do curso se exprese en días, establécese unha equivalencia de 5 horas por cada día de curso.

A.3. Outros Méritos. Estar en posesión de:

– Por Masters ou Cursos de Postgrao, sempre que se atopen relacionados coas funcions a desenvolver, impartidos por unha Administración Pública, Universidade ou organismo oficial, ata un máximo de 3 puntos, baremándose do seguinte xeito:

– Master ou cursos de postgrao ata 400 horas: 1 puntos.

– Master ou curso de postgrao de máis de 400 horas: 2 puntos.

– Polo recoñecemento acreditado do idiona galego (só se valorará o grao superior alegado):

– Curso de iniciación ó galego: 0,20 puntos

– Curso de perfeccionamento: 0,30 puntos

– Curso de especialización: 0,60 puntos

Só se valorarán aqueles cursos ou titulacións homologadas pola Secretaria Xeral de Política Lingüística e só o de maior puntuación.

B) Xustificación dos méritos alegados.

A documentación que haberá de presentarse para xustificar os méritos que se alegan para a súa valoración conforme ao baremo indicado será a seguinte en cada caso:

B.1 Experiencia profesional.

– A experiencia profesional en praza ou posto de igual ou similar contido fóra do ámbito da Administración Pública xustificarase:

No caso de servizos prestados por conta allea, achegando os seguintes documentos:

* Contrato de traballo ou certificación da empresa correspondente ao período que se alega.

* Certificado de cotizacións á Seguridade Social.

– No caso de servizos prestados por conta propia, achegando os seguintes documentos:

* Xustificante de pagamento do imposto de actividades económicas de cada un dos anos en que se estivera en situación de alto no mencionado imposto.

* Certificado de cotizacións á Seguridade Social, onde consten período e grupo de cotización, salvo aqueles colectivos profesionais que estean exentos desta cotización, o que deberá acreditarse de forma fidedigna.

– A experiencia profesional en praza ou posto de igual contido no ámbito da Administración Pública xustificarase:

* Achegando a documentación indicada nos parágrafos precedentes.

* Presentando certificación expedida pola Secretaría ou calquera outro órgano da Administración con competencias en materia de persoal, onde constarán os seguintes datos:

  • Denominación dos postos de traballo que desempeñaran con expresión do tempo que os ocupara.

  • Dependencias ás que estean adscritos os devanditos postos.

  • Relación xurídica que mantivo ou mantén no desempeño dos postos coa Administración.

– Nos tres apartados do punto 1 do baremo, para acreditar que se ocupa ou se ocupou praza ou posto de igual ou similar contido, cando non coincidan a denominación dos que se ocuparan co da praza á que se opta, o interesado haberá de achegar certificado no que consten as funcións desenvolvidas.

Para acreditar os méritos sinalados no punto A.3 do baremo haberá de achegarse fotocopia compulsada dos documentos oficiais que os acrediten.

3.- Fase oposición: valorarase ata un máximo de 7 puntos.

Estará integrada por un exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio. Nesta fase o tribunal valorará as habilidades das persoas aspirantes ó posto, coñecementos de mecánica, maquinaria, no manexo de desbrozadora e outra maquinaria a utilizar no posto de traballo.

4. Entrevista persoal: valorarase ata un máximo de 3 puntos. O obxecto da entrevista curricular fundamentase na necesidade de definición do perfil do aspirante co requerido para o posto de que se trate e consistirá en preguntas relacionadas coas funcións do posto ofertado. A valoración da entrevista é de 0 a 3 puntos.

C) Aplicación do concurso.

Os puntos obtidos na entrevista curricular sumaranse aos obtidos despois de aplicar o baremo establecido nas bases referidas.

D) Criterio para dirimir empates.

De se produciren empates na puntuación, a orde de desempate sera a seguinte:

1.- A solicitante de sexo feminino con preferencia sobre o masculino, cando na categoria ou escala se dean as condicións de infrarepresentación establecidas no artigo 37 da Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para igualdade de mulleres e homes.

2.- Parados de longa duración con cargas familiares.

3.- Persoas con discapacidade.

4.- Solicitantes desempregados maiores de 45 anos.

5.- Solicitante de maior idade.

V. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.

1. Ademais das condicións indicadas na base II desta convocatoria, previamente á formalización do correspondente nomeamento, o aspirante proposto polo Tribunal haberá de achegar:

a). Declaración xurada de non ter emprego retributivo con cargo a calquera organismo publico, incluída a Seguridade Social, o día da toma de posesión, estándose ao disposto na Lei 53/84, do 26 de decembro de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas e, en especial, ao seu artigo 10; E disposicións ditadas no seu desenvolvemento.

b). Declaración xurada de non exercer actividades privadas incompatibles co posto de traballo que se vai desempeñar no Concello e/ou solicitude de compatibilidade para o exercicio de actividades privadas que se desenvolvan á marxe do Concello.

c). Declaración xurada de non estar incurso en causa de incapacidade das contidos no art. 36 do Regulamento de Funcionarios de Administración Local do 30 de maio de 1952.

d). Declaración xurada de non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública, nin se achar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

e). O prazo para a presentación de documentos será de 3 días naturais, contados dende o día seguinte a aquel en que se faga pública a proposta de nomeamento do persoal laboral temporal por parte do Tribunal.

2. A Sra. Alcaldesa-Presidente do Concello de Ribadavia, mediante Resolución que se publicará na forma e lugar establecidos nestas Bases, nomeará ao aspirante seleccionado.

VI. BASE FINAL.

1. As presentes bases e cantos actos administrativos se deriven delas desta convocatoria e da actuación do Tribunal, poderán ser impugnadas polos interesados directamente ante o órgano da xurisdición do Contencioso-administrativo competente, conforme á Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contenciosa-Administrativa, no prazo de dous meses, contados dende a data do día seguinte de ultímaa publicación destas. Así mesmo, poderá presentarse o recurso potestativo de reposición ante o Sr. Alcalde-Presidente, no prazo dun mes a contar dende a mencionada publicación, ou calquera outro recurso que considere procedente, conforme establece na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. No non previsto nas bases anteriores rexerá polo Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, Real Decreto 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, así cono o RD 896/91, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local.

ANEXO I

MODELO DE INSTANCIA

D/Dª……………………………………………………………………………………………….………, con DNI ……………… e domicilio, a efectos de notificación, ….………………….. ……………………………………….…….. teléfono ………………..…………..… correo electrónico ……………………………………………………..

Expón:

Que enterado da convocatoria pública efectuada polo Concello de Ribadavia desexa participar no concurso convocado para a provisión de dous postos de traballo de CAPATAZ BRIGADA INCENDIOS, mediante contratación en réxime laboral temporal, modalidade de contrato de duración determinada a tempo completo, do artigo 15.1 B) polo que se aproba o Real Decreto 2/2015, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

A tal efecto, faise constar:

· Que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria

· Que autorizo ao Concello de Ribadavia para a publicación dos meus datos persoais (nome, apelidos ) e das posibles causas de exclusión, no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web www.ribadavia.es ao ser de publicidade un dos principios legais que debe observarse nos procedementos de selección.

· Que aporto a seguinte documentación:

1.- Solicitude de participación anexa ás Bases. (ANEXO I).

2.- Fotocopia do DNI.

3.- Permiso de conducir B.

4.- Documentación acreditativa e dos méritos alegados:

Solicita:

Ser admitida/o a participar na presente convocatoria.

O abaixo fírmante declara baixo a súa responsabilidade que son certos todos os datos obrantes na presente solicitude e que reúne todas e cada unha das condicións e requisitos esixidos para participar na presente convocatoria, así como que acata integramente o contido das bases.

Ribadavia, ………. de ………………………………. de 2021

Sinatura

Compartir

Check Also

PROGRAMA DA SEMANA SANTA EN RIBADAVIA 2024

Comezan o próximo día 25 de marzo co obradoiro de reciclaxe “Crecicla”, destinado a nenos de 6 …