Publícanse as bases para o arrendamento do local situado no baixo da alameda, ocupado anteriormente pola Cruz Vermella, mediante a modalidade de concurso consonte ao previsto nos artigos 107.1 e 124 da Lei de Patrimonio das Administracións Públicas.
A presentación poderá facerse directamente nas oficinas do Rexistro, de 9:00 a 14:30 horas, de luns a venres, ou por correo certificado dirixido ao devandito Departamento. En ambos os dous casos o prazo será dende hoxe, 4 de febreiro, ata ás 14:30 horas do venres 22 de febreiro. O importe mínimo de licitación para explotar o local é de 150 € (IVE incluído)e en canto aos criterios obxectivos e a súa puntuación son os seguintes:
- Mellor oferta económica: partindo do tipo base de licitación (150 euros IVE incluído), de modo que a mellor oferta recibirá unha puntuación de dez puntos, e ao resto se lle outorgará unha puntuación proporcional, en base á oferta presentada.
- Mellora dos elementos do local, (fundamentalmente obra civil), que unha vez extinguido ou resolto o contrato, reverten con carácter gratuíto ao Concello. A mellor oferta recibirá unha puntuación de cinco puntos, e ao resto outorgaráselle unha puntuación proporcional, en base á oferta presentada. Aos efectos dunha valoración máis detallada polo tribunal, presentarase unha memoria detallada das actuacións a realizar co correspondente cadro de prezos.
- Creación de emprego: Terase en conta os postos de traballo de nova creación (como mínimo durante un prazo dun ano, sen que iso implique necesariamente que a contratación sexa coa mesma persoa). Puntuarase con 5 puntos o autoemprego de persoas que se atopen en situación de desemprego, é dicir, que a persoa que opte ao concurso sexa a que vai desenvolver o seu posto de traballo neste espazo municipal. Respecto ás contratacións de persoas paradas, puntuarase con 2 puntos os contratos indefinidos de xornada completa e 1 punto a media xornada. Os demais contratos (por horas) puntuarase proporcionalmente. A acreditación das contratacións realizarase presentado os modelos de contratos realizados expresando a duración, ou en caso de que iso non sexa posible mediante declaración responsable, podendo comprobar a administración este extremo cando o considere conveniente. Deberá terse en conta que a non acreditación da contratación destas persoas, ou o seu mantemento polo prazo dun ano, cando o empresario se comprometese, será causa de resolución do contrato, podendo esixirse a correspondente indemnización
Pode consultar as bases completas aquí.