BASES PARA A RENOVACIÓN DAS LISTAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

O obxecto da presente normativa é regula-la convocatoria e elaboración de listas con aquelas persoas interesadas na cobertura, con carácter temporal, do posto de traballo do grupos e categoría da Administración do Concello de Ribadavia, que se especifica no anexo I, nos que a súa selección se considere de urxente necesidade como consecuencia de baixas laborais das persoas que desempeñen estes postos, mentres non sexan ocupadas polo correspondente persoal fixo no caso de ser necesario.

As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse á Comisión de selección de contratacións laborais temporais do Concello de Ribadavia (Concello de Ribadavia, Pza. Maior) e axustaranse ó modelo que se inclúe nesta convocatoria.

O prazo para a presentación de solicitudes serán os 20 días naturais seguintes contados dende a publicación desta normativa no BOP e poderanse formular perante o Rexistro Xeral do Concello de Ribadavia.

Pode consultar as bases aquí.

Compartir

Check Also

CONCILIA NO NADAL

23,24,25,26,27, 30 E 31 DE DECEMBRO, 2,34 7 DE XANEIRO. PARA NENOS NENAS DE 3 …