BASES do “SERVIZO DE CONCILIACIÓN” do CONCELLO DE RIBADAVIA
Curso 2024-25
As seguintes bases desenvolven o Regulamento do Servizo de Conciliación do Concello de Ribadavia aprobado no Pleno Municipal o día 27 de xullo de 2023.
Art. 1 Obxeto e Servizo de Conciliación
O obxeto destas bases é o establecemento das condicións de funcionamento e admisión do “Servizo de Conciliación”.
O “Servizo de Conciliación” desenvolverase nas instalacións do CEIP Pluriligüe Ribadavia (Rúa Carballiño s/n). Este servizo levarase a cabo todos os días no periodo lectivo escolar, cos seguintes horarios:
Horario de mañá: 07:30 a 09:00h.
Horario de tarde: 15:00 a 16:30h.
O número total de prazas será de 30. Podería ampliarse temporalmente o número de prazas, en caso de necesidade de conciliación debidamente acreditada.
Os criterios de preferencia para a adxudicación das prazas e na creación dunha lista de agarda son os seguintes:
1º) Que todos os membros figuren empadroados no Concello de Ribadavia.
2º) As unidades familiares onde ambos proxenitores estean traballando, e a súa xornada laboral coincida co horario do servizo.
3º) Neno ou nena con discapacidade igual ou superior ao 33%.
4º) Data de solicitude.
Unha vez esgotadas as prazas existentes crearase unha listaxe de agarda na que se inscribirá ós nenos/as por os mesmos criterios de prioridade.
Se houbese algún neno ou nena con discapacidade ocupará o rango de dúas prazas.
O inicio e o remate do servizo corresponderase cos días fixados no calendario escolar de cada curso lectivo.
No Servizo de Conciliación dentro do horario de mañá, para o almorzo os nenos/as deben incorporarse ó Servizo como mínimo 30 minutos antes do inicio das clases.
Para o desenvolvemento do Servizo de Conciliación deberá haber un mínimo de 3 nenos/as en cada unha das quendas (mañá/tarde).
Art. 2 Prestación do Servizo
- a) Servizo de acollida e vixilancia dos escolares participantes.
As actividades que se leven a cabo relacionaranse con áreas lúdicas e socioculturais non indispensables para a consecución de obxectivos curriculares e facilitarán o desenvolvemento persoal e social dos nenos e das nenas.
Os nenos e nenas realizarán diferentes actividades segundo a idade e os intereses: actividades de carácter lúdico-didáctico, animación lectora, traballo persoal… Ademais, fomentaranse os valores do respecto e a colaboración.
- b) Servizo de almorzo no horario de mañá.
O almorzo consistiría de forma básica e diaria en leite, cacao e galletas, cereais e/ou froita.
Cada neno disporá dunha bolsa de aseo con cremalleira na que depositará os útiles para o cepillado e hixiene dos dentes.
- c) No caso de nenos e nenas que necesiten trasladarse dende o centro onde se desenvolve o Servizo de Conciliación a outro centro escolar, o Concello facilitará os medios necesarios dentro das súas posibilidades, sempre que o precisaran máis de 3 nenos/as.
Art. 3 Beneficiarios/as
Serán beneficiarios/as do Servizo o alumnado escolarizado no CEIP Plurilingüe Ribadavia e CRA Amencer, cuxos pais ou nais soliciten a prestación do servizo, por causa da necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.
As idades dos nenos e nenas serán as comprendidas entre 3 e 12 anos correspondentes ó 2º ciclo infantil e educación primaria.
No caso de que conten con algún irmán dentro do Servizo de Conciliación, poderán ser usuarios/as os nenos/as de ata 14 anos sempre que cursen estudios no IES O Ribeiro.
Art. 4 Prezo dos Servizos
Os prezos do Servizo de Conciliación son os establecidos no Regulamento aprobado no Pleno Municipal do 27 de xullo de 2023.
EMPADROAD@S | NON EMPADROAD@S | ||
PREZO | PREZO REDUCIDO
(Familia numerosa Familia monoparental 2º irmán) |
||
CONCILIA DE MAÑÁ (7:30-09:00)
|
MES 30€
½ MES 20€ |
MES 20€
½ MES 15€ |
65€
½ MES 35€ |
CONCILIA DE TARDE
(15:00-16:30) |
MES 20€
½ MES 15€ |
MES 15€
½ MES 10€ |
50€
½ MES 30€ |
As unidades familiares que xustifiquen ingresos inferiores ó SMI terán unha reducción do 25%.
Considerarase ½ mes a asistencia ó Servizo un número igual ou inferior a 10 días |
O pago realizarase mediante domiciliación bancaria. Coa solicitude adxuntarase modelo de autorización. O cargo do recibo realizarase dentro da primeira quincena do mes seguinte a prestación do servizo.
Art. 5 Prazo de solicitude
O prazo de solicitude será do 22 ó 30 de agosto de 2024.
Poderán formalizarse solicitudes o longo do curso escolar 24/25 e ata o 31 de maio de 2025. No caso de que houbese praza vacante, asignarase no prazo máximo de 15 días hábiles.
A solicitude entenderase efectuada para o curso completo, se ben poderán solicitar a baixa do mesmo, cun mínimo dun mes de antelación.
Art. 6 Solicitudes
As solicitudes realizaranse a través da sede electrónica do Concello de Ribadavia: ribadavia.sedelectronica.gal ou no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia, baseadas na documentación recollida no Regulamento no Servizo de Conciliación:
– SOLICITUDE E ANEXOS
– DNI nai/pai/titor.
– TARXETA SEGURIDADE SOCIAL (neno/a).
– LIBRO DE FAMILIA.
– INFORME MÉDICO DO NENO/A (só en caso de alerxia/intolerancia e/ou algunha outra enfermidade que se deba ter en conta).
De ser o caso solicitarase a documentación complementaria que se detalla a continación:
– COPIA DE CONTRATO/S LABORAL/IS.
– CERTIFICADO DE EMPRESA DO HORARIO LABORAL.
– CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE DO NENO/A SE FORA O CASO.
– XUSTIFICANTE DE UNIDADE FAMILIA CON INGRESOS INFERIORES Ó SMI, xustificarase mediante: a presentación das últimas nóminas, declaración de IRPF do último exercicio, pensións da Seguridade Social, subsidio de desemprego, ou calquera outra prestación pública.
– No caso de separación/divorcio acreditar a garda e custodia con documentación xustificativa.
– Calquera outra documentación que xustificadamente sexa requerida polo Dpto. de Servizos Sociais.
Art. 7 Baixas
Causarase baixa por algunha das seguintes causas:
1.- Por solicitude dos pais, nais ou titores/as.
2.- De oficio, polo Concello, en caso de concorrer as seguintes causas:
– Impago da cota establecida.
– Comprobación da falsidade nos datos declarados ou nos documentos aportados.
– Incumprimento reiterado das normas establecidas no presente regulamento.
– Entorpecer, obstaculizar ou impedir a correcta prestación do servizo.