BASES DE PARTICIPACIÓN NO DESFILE DE ENTROIDO. DOMINGO 2 DE MARZO.

 

As comparsas terán un mínimo de 10 persoas sen máximo de compoñentes.

As comparsas terán que inscribirse no Concello, na Casa de Cultura ou no correo electrónico cultura@ribadavia.es antes do mércores 25 de febreiro. Terán que achegar os datos do responsable da mesma e un listado co nome do responsable, teléfono e número de componentes.

As comparsas terán que presentarse o domingo día 2 de marzo, ás 17:00 horas no I.E.S O Ribeiro. O desfile rematará na Praza Maior.

As comparsas recibirán:

  • 200€ por comparsa.
  • 150€ por carroza.
  • 100€ por cantar no palco

 

As comparsas teñen dereito a unha subvención de 5,00€ por participante no desfile.

As que desexen leer coplas ou cantar no palco deberán solicitalo na inscrición.

Agradécese un ano máis o esforzo de todos por manter o Entroido en Ribadavia.

Manteránse estas condicións ata esgotar o orzamento.

Teléfonos de contacto:

  • Concello de Ribadavia: 988 477 100
  • Casa da Cultura: 988 471 900

Correo electrónico de contacto: cultura@ribadavia.es

Compartir

Check Also

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

  UNIDADE MÓBIL DIANTE DA IGREXA DO PORTAL (DIANTE DOS “XARDINILLOS”) Compartir