BASES DAS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN INFANTIL DO CONCELLO DE RIBADAVIA (CURSO 2023/2024)

Beneficiarios.

Alumnado empadroado no Concello de Ribadavia e matriculado en Educación Infantil dentro dos Centros Educativos deste Concello, para o curso escolar 2023/24.

Requisitos.

– Estar empadroado/a (proxenitores/as e neno/a) no Concello de Ribadavia na data de convocatoria da subvención e manterse como mínimo empadroados/as ata o 31 de decembro deste ano 2023.

– Estar matriculado en Educación Infantil en calquera dos centros educativos pertencentes o Concello de Ribadavia.

– No caso de familias con ingresos da unidade familiar que non superen ó 3 do IPREM (1.800€ mensuais), xustificante de ingresos.

 – De ser o caso, aportación de factura de compra do material con firma e selo de pagado.

Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes será do 15 ó 29 setembro de 2023.

Lugar de presentación.

A presentación de solicitudes levarase a cabo no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.

As referidas bases deberán expoñerse ao público mediante anuncio no taboleiro de anuncios do Concello, na web e nas redes sociais.

 

Pódese consultar as bases íntegras da axuda premendo aquí:

BASES AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

 

Compartir

Check Also

CONCILIA NO NADAL

23,24,25,26,27, 30 E 31 DE DECEMBRO, 2,34 7 DE XANEIRO. PARA NENOS NENAS DE 3 …