A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de publicar as axudas para a promoción do emprego autónomo. Consta das seguintes liñas:
Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo.
O prazo remata o 30 de setembro de 2017.
Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.
- As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberanse presentar no prazo de dous meses.
- As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberanse solicitar ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida.
- O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017.
Pode consultar as bases premendo aquí
Compartir