As iniciativas de innovación traduciranse na implantación de proxectos piloto ou no desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agrí- cola, alimentario e forestal e agroalimentario. O desenvolvemento poderase entender tanto na incorporación de novidades como na aplicación de produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías xa existentes en condicións onde tradicionalmente non se utilizaron previamente. Non obstante, non poderán financiarse proxectos xa realizados en territorios e condicións similares. En ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental.
Beneficiarios
1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións obxecto da presente orde:
a) Organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura.
b) Empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.
2. Na realización da actividade subvencionada poderán participar, ademais dos beneficiarios regulados no punto 1, os axentes cooperantes, e poderán adquirir tal condición as seguintes entidades:
a) Produtores do sector agroforestal e as súas asociacións e outras organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria.
b) Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma.
c) Entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio rural, así como as que desenvolvan actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nos ámbitos agrario ou forestal.
d) Entidades asesoras na conservación ou uso sustentables dos recursos naturais.
e) Outras entidades con intereses recoñecidos no ámbito rural.
Importe da axuda
A intensidade da axuda aos proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías será do 80 % dos gastos subvencionables, e establécese un importe máximo por solicitude de 100.000 euros e un importe mínimo por solicitude de 12.000 euros.
Prazo de presentación das solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.
Pode consultar as bases da axuda premendo aquí.