A Consellería de Medio Rural publica as axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países para o ano 2018.
Entidades beneficiarias:
a) Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas nas cales máis do 50 % da súa facturación proveña do sector do viño.
b) Organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas.
c) Organizacións interprofesionais definidas e recoñecidas nas organizacións interprofesionais agroalimentarias.
d) Organizacións profesionais: entenderase como organizacións profesionais aquelas que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño e que estean recoñecidas a nivel nacional, e que teñan entre os seus fins estatuarios a realización de actividades de promoción.
e) Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións.
f) As asociacións temporais ou permanentes de dous ou máis produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.
g) Os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de produtos e mercados en terceiros países.
Prazo de presentación de solicitudes: deberán ser presentadas antes do día 15 de febreiro de 2018.
Pode consultar as bases íntegras da axuda premendo aquí.