AXUDAS DO IGAPE PARA A BONIFICACIÓN DOS CUSTOS DO FINANCIAMENTO DAS PEQUENAS EMPRESAS

Dúas liñas de axudas son as que oferta o IGAPE:

Liña pequenas empresas: préstamos por un importe superior a 25.000 €

Liña microempresas: préstamos inferiores ou iguais a 25.000 €

Os préstamos deberán estar formalizados a partir do 1 de xaneiro de 2017 e con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, por un importe superior a 25.000 € (no caso das axuda de pequenas empresas) ou inferior ou igual a 25.000 € (no caso da axuda a microempresas), a un prazo igual ou superior a cinco anos, e cumprir coas condicións específicas e características dos proxectos que se van financiar, establecidas nas bases reguladoras da axuda.

O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape xa se atopa aberto e rematará o día 31 de outubro de 2017.

Pódese consultar as bases das axudas premendo nos seguintes enlaces:

Liña pequenas empresas

Liña microempresas

Compartir

Check Also

Axuda Material Escolar

  O Concello de Ribadavia convoca Axudas de Material Escolar para o Curso escolar 2024-2025. …