Publícanse as bases para a concesión de axudas para transporte de estudiantes de Ribadavia que se desprazan durante o curso escolar. Estas bases ten como finalidade o apoio económico nos gastos de transporte para alumnos universitarios do Concello de Ribadavia. Así mesmo preténdese potenciar as altas no padrón de habitantes do Concello e reducir as baixas no mesmo con motivo do cambio de residencia dos estudantes universitarios para os concellos que posúen centros de educación superior.
A documentación deberá presentarase no Rexistro Xeral do Concello ou no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia no prazo dende o 2 ó 31 do mes de maio de 2017.
Poderán solicitalas os estudantes que estean cursando estudos universitarios, tanto na provincia de Ourense, como noutra das provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, como fóra desta e que cumpran os seguintes requisitos:
- Ser maior de 17 anos ou estar emancipado legalmente ou, no seu lugar, ter iniciado o trámite legal de emancipación.
2. Estar empadroado no Concello de Ribadavia no momento da solicitude e en todo caso un mínimo de 5 meses inmediatamente anteriores á solicitude.
3. Que o cómputo total dos ingresos mensuais da unidade familiar de que forma parte o solicitante, non sexa superiores ós incluidos na seguinte táboa:
Familia de 1 membro: 850€ |
Familias de 2 membros: 1.100€ |
Familias de 3 membros: 1.450€ |
Familias de 4 membros: 1.750€ |
Familias de 5 ou máis membros: 2.000€ |
A contía máxima que o Concello poderá conceder será de ata:
Estudandes dentro da provincia de Ourense | 150€* |
Estudantes fóra da provincia de Ourense | 250€* |
Estudantes fóra da Comunidade Autónoma de Galicia |
350€* |
Quedan excluidos da presente convocatoria os seguintes estudios: Máster ou Curso de Postgrao, Ensinanza Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas Oficiais de Idiomas, Estudos da UNED fóra da provincia de Ourense, cursos preparatorios a oposicións de calquera natureza ou para probas de acceso a estudos, Conservatorios oficiais e escolas elementais de música, idiomas no extranxeiro ou calquera outra acción formativa no conducente a obtención dun título académico oficial no territorio nacional recoñecido polo M.E.C.
Pode consultar máis datos e a documentación a presentar aquí.