Estas axudas teñen como finalidade o apoio á ampliación e modernización de pequenas empresas mediante a adquisición de equipamentos produtivos destinados a actividades non agrícolas, co fin de reforzar o tecido produtivo empresarial no territorio rural galego.
Beneficiarios:
a) Pequenas empresas situadas en zonas rurais. Para estes efectos, a definición de pequena empresa é a que resulta do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, pola que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.
c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
Cuantía da axuda:
Os proxectos subvencionados recibirán unha porcentaxe de axuda do 45 % dos gastos subvencionables.
A concesión de axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Prazo de solicitude:
Ata o día 22 de maio de 2017.
Pode consultar as bases se preme no seguinte enlace:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170421/AnuncioO90-060417-0001_gl.pdf