No DOG nº6 do martes día 9 de xaneiro de 2018, a Consellería de Medio Rural publica as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade para o ano 2018.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias que cumpran a condición de agricultor activo e que a súa data da alta no réxime de calidade ten que ser posterior ao 18 de novembro de 2015.
Prazo para a presentación de solicitudes: remata o día 15 de maio de 2018.
Pode consultar as bases da convocatoria premendo aquí.
Compartir