Axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia que ten a finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral
Entidades beneficiarias
As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberanse presentar no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
2. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberanse solicitar ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
3. O prazo para presentar as solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.
Pode consultar as bases da convocatoria premendo aquí.