AXUDA PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS EN GALICIA

Convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso académico 2017/18 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

As axudas van destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula universitaria do alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2017/18 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao.

Contía da axuda:

  • Un máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes.
  • Un máximo de 618,10 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.

Prazo de presentación de solicitudes: Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Pode consultar as bases da convocatoria premendo aquí.

Compartir

Check Also

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARTICULARES PARA O CONTRATO DE ALUGUER PARA A EXPLOTACIÓN DOS LOCAIS QUE FORMAN PARTE DO PROXECTO DE VILAS VIVAS

OBXECTO DO CONTRATO 1 – É obxecto do presente contrato o aluguer dos diferentes locais …

Idioma / Language »