AXUDA A PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN E A EMPRESAS CALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA (IEBT) PARA O ANO 2019

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Economía e Industria ven de publicar as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica para o ano 2019.

PROGRAMA I: pequenas empresas de nova creación.

Entidades beneficiarias

1. As empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

a) Que sexan empresas de nova creación.

b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.

d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.

f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.

2. As empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).

3. As persoas promotoras para a axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das propias persoas promotoras.

Obxecto

Xerar emprego estable para as persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social e as unidades familiares con todos os seus membros en situación de desemprego, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego, mediante os seguintes tipos de axuda:

a) Subvención á xeración de emprego estable.

b) Subvención para a formación.

c) Subvención para o inicio da actividade.

d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de solicitudes finalizará o 31 de xullo de 2019.

Para poder presentar as solicitudes ten que premer no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/

Pode consultar as bases íntegras da axuda premendo aquí.

PROGRAMA II: empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT)

Entidades beneficiarias

As empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e as condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

Obxecto

Impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a convocatoria do Programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.

c) Axuda para o inicio e a posta en marcha da actividade.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2019.

Para poder presentar as solicitudes ten que premer no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/

Pode consultar as bases íntegras da axuda premendo aquí.

Compartir

Check Also

Actividades do 8M en Ribadavia

    Actividades polo Día Internacional da Muller en Ribadavia. Compartir