A xunta de goberno local por unanimidade acorda iniciar expediente para o arrendamento de local situado no baixo da Alameda, mediante a modalidade de concurso consonte ao previsto nos artigos 107.1 e 124 da Lei de Patrimonio das Administracións Públicas e aprobar o prego de cláusulas.
A unidade que tramita o expediente de contratación requirirá ó licitador que presentase a oferta máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte aquel en que tivese recibido o requirimento, presente a seguinte documentación:
- a) Xustificación acreditativa de acharse ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias incluídas as do Concello de Ribadavia, ou autorización ao órgano de contratación para obter de forma directa a acreditación diso.
- b) Xustificación acreditativa de acharse ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social.
- c) Acreditación de estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas e último recibo do imposto acompañado cunha declaración responsable de non se ter dado de baixa neste. No caso de non estar obrigado ao pagamento do imposto, acreditará esta circunstancia mediante declaración responsable.
- d) Acreditación de ter constituído a fianza a que se refire a cláusula sexta .
Pode consultar as bases completas aquí.
Compartir