ANUNCIO DO CONCELLO DE RIBADAVIA
O Pleno do Concello na súa sesión ordinaria celebrada o dia 29 de febreiro de 2024, adoptou , o seguinte acordo:
PRIMEIRO. Aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza Reguladora da Venda Ambulante, Introdúcese un novo artigo “1 bis”, co seguinte teor literal:
Artigo 1 bis .- A feira quincenal á que fai referencia o artigo 1, ubicarase, con carácter xeral, no recinto da alameda, na rúa progreso (no frontal da alameda), na rúa Virxe do Portal e na rúa San Lázaro. No caso de que o recinto da alameda se atope ocupado polo desenvolvemento de calquera outra actividade municipal, a feira celebrarase na rúa veronza, e este cambio, en cada ocasión que sexa preciso, será comunicado aos comerciantes autorizados para a venda ambulante por parte do concello con unha antelación mínima de quince días.
SEGUNDO. Someter o devandito texto a información pública e audiencia dos interesados, con publicación no Boletín Oficial da Provincia e taboleiro de anuncios do Concello, polo prazo de trinta días para que poidan presentar reclamacións ou suxestións, que serán resoltas pola Corporación.
TERCEIRO. De non presentarse reclamacións ou suxestións no mencionado prazo, considerarase aprobado definitivamente sen necesidade de acordo expreso polo Pleno .
Aprobada inicialmente a modificación da Ordenanza municipal reguladora da Venda Ambulante, por Acordo do Pleno de data 29 de febreiro de 2024, de conformidade cos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 56 do Texto Refundido de Réxime Local, sométese a información pública polo prazo de trinta días, a contar desde día seguinte á inserción de anuncio no Boletín Oficial da Provincia para que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen oportunas.
No caso de non presentarse reclamacións no citado prazo, entenderase definitivamente aprobado o Acordo de modificación da mencionada Ordenanza sen necesidade de acordo expreso.
Ribadavia, 5 de marzo de 2024.
Secretario. Francisco Fernández Castro